Estas son as 40 praias e ríos galegos onde non te deberías bañar este verán

Todos os anos, por estas datas, a Axencia Europea do Medio Ambiente publica o informe sobre a calidade das augas de baño no continente. Se no 2016 Galicia rexistraba 33 puntos negros, onde a calidade da auga era insuficiente para garantir o baño, en 2017 son 23 os lugares que permanecen nesta lista. Non en tanto, estas zonas supoñen só o 4,6 por cento do total. Dos 505 puntos incluídos na lista, o 73,9 por cento obtivo unha cualificación de “excelente“, o 15,4 unha clasificación “boa” e o 6,1 por cento unha clasificación “suficiente”.

Esta redución, con todo, non é necesariamente positiva. Seguindo os criterios da UE e o Ministerio de Sanidade, no censo deste ano elimináronse 18 zonas de baño que nos cinco anos anteriores tiveran unha calidade insuficiente (“pobre”, poor, segundo a tradución literal do informe), tal e como indica o informe técnico elaborado pola Consellería de Sanidade. Así, segundo a normativa, a prohibición do baño neses puntos pasa a ser permanente. Estes lugares poderán volver a ser incluídos no censo no caso de levar a cabo algunha actuación encamiñada a mellorar a calidade da auga.

Publicidade

Por tanto, este ano son 40 as praias e zonas de baño interiores (sobre todo en ríos), nas que o baño non é aconsellable. Existen 41 puntos en total, pero 2 deles atópanse na mesma praia: a de Gandarío, en Bergondo.

Unha parte de Barrañán (Arteixo), con Bandeira Azul, ten unha prohibición de baño “permanente”

A medición da calidade destas augas realízase en base a dous indicadores microbiolóxicos: as bacterias Escherichia coli  e o enterococo intestinal. Unha alta presenza destes organismos adoita relacionarse con vertidos de augas residuais e/ou fecais procedentes da agricultura, a gandería ou un deficiente sistema de saneamento. Numerosos estudos evidencian que bañarse en zonas que superen ditos parámetros pode causar diversas enfermidades dixestivas e, nalgún caso, respiratorias, polo que se desaconsella o baño.

Publicidade

A lista que publica a UE amosa varios paradoxos. É o caso da praia de Barrañán, en Arteixo, que ten Bandeira Azul aínda que existe unha prohibición permanente ao baño nunha das súas zonas. Algo semellante acontece en Razo (Carballo), un extenso areal que conta con varias zonas de baño. Mentres que nun dos puntos de control a calidade da auga é boa, noutro lugar, próximo á desembocadura dun regato, os datos amosan niveis de calidade “insuficiente”. Na praia da Foz, en Vigo, nun estremo do areal de Samil, tamén se desaconsella o baño, aínda que no resto de Samil, dependendo do punto, a calidade é suficiente, boa e mesmo excelente.

Zonas con calidade insuficiente

Praias: A Concha (Cariño), Gandarío 1 e 2 (Bergondo), Delicias (Sada), Arnados-Razo (Carballo), Lires e Estorde (Cee), Virxe do Camiño (Muros), Testal-Taramancos (Noia),Raxó (Poio), Agrelo (Bueu), Sobreira (Moaña), Arealonga (Redondela), A Foz (Vigo).

Zonas de baño no interior: río Tambre, en Niñáns (Brión), río Furelos (Melide), río Eume (As Pontes), río Rois, en Seira (Rois), río Neira (Baralla), río Chamoso (O Corgo), río Parga (Guitiriz), O Coiñedo (A Veiga), río Támega (Verín).

Zonas excluídas do censo

Praias*: Penoural (Burela), Caranza e A Cabaña (Ferrol), Barallobre (Fene), Centroña e Ver (Pontedeume), Regueiro (Bergondo), Santa Cruz Porto (Oleiros), Ría de Barrañán (Arteixo), Camelle e Area da Vila (Camariñas), Sardiñeiro (Fisterra), A Concha (Cee), Peralto (Boiro).

Zonas de baño no interior: río Saa (Pobra de Brollón), San Clodio (Ribas de Sil), A Bola (zona recreativa do Río Orille) e río Arzoá (Vilardevós).

*En 2018 sumarase a praia de Testal, en Noia, que esta tempada cumpriu cinco anos consecutivos con calidade insuficiente.

 

15 COMENTÁRIOS

  1. Lo que es lamentable es que ,(segun dicen algunas personas),no estén señalizadas todas las zonas contaminadas,primero,-y segundo,que el Gobierno no tome medidas para solucionar el problema,saneando las aguas.

  2. E a praia de Placeres (Pontevedra), onde hai un asteleiro na mesma praia, a depuradora de todo o concello de Pontevedra e ENCE, califícana apta para o baño???

  3. Na praia do Testal en Noia creo que se marisquea… igual estou confundida… pero despois de leer o artigo gustariame que alguen me sacase da dubida.

  4. En playa de Aguieira..descarga aguas fecales en el río donde se bañan los niños,yo en persona lo denuncie al Seprona y nadie le pone ni un cartel del peligro que corren los chavales,está playa está en Porto do son,al Seprona le mandé fotos del vertido,LAMENTABLEMENTE

  5. Que vergüenza ponen como no apta la de Gandario y en cambio abren el albergue julio y agosto a niños que están continuamente con deportes acuáticos. No lo entiendo

  6. La playa de SAMIL (Vigo) . ya que nombrais a foz… porque esquivais samil? si están juntas y de echo la que tiene selañales no recomendado bañarse es samil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Como detectar contaminantes na auga a través de materiais 3D: así é a solución da UDC

Investigadoras do CITENI desenvolven estruturas poliméricas que reteñen substancias nocivas e avalian a calidade do medio acuático

Unha aplicación da UVigo permite detectar contaminantes na auga a través do móbil

O proxecto Aquasense emprega dispositivos portátiles de baixo custo para facilitar a vixilancia ambiental en contornas con poucos recursos

Candeas e incenso, cando o suposto “benestar” contamina a casa

Desde o punto de vista da química atmosférica, ambos os xestos implican algo moito menos idílico: introducir unha fonte de combustión dentro do fogar