Venres 19 Abril 2024

33 praias galegas nas que (non) te deberías bañar este verán

A Axencia Europea do Medio Ambiente publicou no mes de maio un informe sobre a calidade das augas de baño no continente no ano 2015. É unha exhaustiva análise en milleiros de praias e zonas de baño de ríos e lagos de toda Europa, na que se establecen varias categorías sobre a salubridade da auga. O mapa sinala que 33 puntos de Galicia teñen unha calidade “insuficiente” para garantir o baño. Suman máis da metade do total do Estado (58).  Son 23 praias (dentro dun total de 29 en toda España) e 10 zonas en ríos do interior. Pero, por outra banda, hai que sinalar que ao longo dos case 1.500 quilómetros de costa de Galicia, 355 areais e zonas de baño interiores ofrecen uns resultados “excelentes”.

Bañarse nestas augas pode causar enfermidades dixestivas e respiratorias

As zonas onde se acumulan máis suspensos en calidade das augas son o golfo Ártabro, con oito praias con cualificación ‘insuficiente’, e o entorno das rías de Lires e Corcubión, na Costa da Morte, con catro areais non aptos para o baño. Na maior parte dos casos, a contaminación débese a unha inadecuada xestión do saneamento e a aos residuos procedentes das actividades agrogandeiras e industriais.

Publicidade

A medición da calidade destas augas realízase en base a dous indicadores microbiolóxicos: as bacterias Escherichia coli  e o enterococo intestinal. Unha alta presenza destes organismos (superior a 1500 UFC/100 ml.) adoita relacionarse con vertidos de augas residuais e/ou fecais. Numerosos estudos evidencian que bañarse en zonas que superen ditos parámetros pode causar diversas enfermidades dixestivas e, nalgún caso, respiratorias.

No golfo Ártabro hai oito praias que suspenden en calidade da auga.
No golfo Ártabro hai oito praias (puntos vermellos) que suspenden en calidade da auga.

O control da calidade das zonas de baño está regulado por unha directiva europea redactada en 2006. A lei obriga aos estados membros a prohibir o baño ou a recomendación a absterse do mesmo cando a calidade da auga sexa insuficiente, aínda que a competencia directa é dos Concellos, que son quen deciden que medidas tomar en cada caso. Do mesmo xeito, a directiva indica que a prohibición “deberá ser permanente” cando as augas dunha zona de baño teñan parámetros de calidade “insuficiente” durante cinco anos consecutivos. Nesta situación atópanse 18 dos 33 ‘puntos negros’ de Galicia. Entre eses puntos negros obsérvanse paradoxos coma a da praia de Barrañán, en Arteixo. A pesar de que sobre este areal debería pesar unha prohibición permanente de baño, recibe ano tras ano a bandeira azul, que outorga a Fundación Europea de Educación Ambiental.

O texto da norma tamén instaba aos Estados membros a conseguir que para o ano 2015, “todas as augas de baño sexan polo menos de calidade ‘suficiente”. A Unión Europea tamén requiría que se tomaran as “medidas adecuadas para previr, reducir ou eliminar as causas de contaminación”. Pero visto o visto, parece que en Galicia aínda queda bastante traballo por facer.

Praias galegas con calidade da auga “insuficiente”

– Prohibición permanente: O Penoural (Burela), A Cabana, Caranza e Barallobre (Ferrol), Centroña e Ber (Pontedeume), Regueiro (Bergondo), Delicias (Sada), Santa Cruz (Oleiros), Barrañán (Arteixo), Camelle e Area da Vila (Camariñas), Sardiñeiro (Fisterra), A Concha (Cee), Peralto (Boiro) e Arealonga (Redondela).

– Prohibición “temporal”: A Concha (Cariño), Lires e Estorde (Cee), Virxe do Camiño (Cee), Testal (Noia), O Salgueirón (Cangas) e Sobreira (Moaña).

Zonas de baño no interior

– Prohibición permanente: río Saa (Pobra de Brollón), río Sil (Ribas de Sil) e río Arzoa (Vilardevós).

– Prohibición “temporal”: río Eume (As Pontes), río Chamoso (O Corgo), río Neira (Baralla), río Furelos (Melide), río Tambre (Brión), río Orille (A Bola), río Támega (Verín).

 

6 COMENTÁRIOS

  1. A Unión Europea non da as bandeiras azuis é unha fundación, FEE e xestionada en España por unha “asociación”, ADEAC. Fai tempo apoiaba a fundación pero agora nin iso…. Ten máis pinta de chiringuito que de algo serio e de ambiental non teñen ningún criterio máis alá do legal, valoran sobre todo a urbanización da praia, é dicir, os chamados servizos….

  2. en peralto ,playa que ya me bañaba cuando era pequeña,alguna lumbrera con carrera universitaria y despues de mucho estudio del tema y asesoramiento,se le ocurrio colocar en la playa donde queda cubierta con la marea alta una central de bombeo de aguas para la depuradora que si tiene una perdida imajinense ustedes

  3. Hay que especificar que, en el caso de Barrañán, lo que está cerrado al baño es el río que desemboca en la parte Oeste de la playa. Los análisis que se hacen en la parte central y en la zona Este (Combouzas), dan resultados excelentes siempre. El problema es que la depuradora del río Sisalde no funciona como debería, y además, se sospecha que alguna casa del entorno vierte sus aguas sucias al río. Y año tras año, sigue el problema.

    • Sr Repibelo, me gustaría ver esos resultados excelentes de Barrañan, sobretodo con el carbón que hay en el puerto exterior fuera de las naves construídas para albergarlo. Sin contar con que la limpieza de las playas de esta zona la está llevando a cabo una asociación sin ánimo de lucro (Mar de Fábula), cuando es competencia de la corporación municipal. Gracias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204