Saúde

Volve a Galicia o pseudomédico que nega a sida e vende plantas contra o cancro

Un colexio de Vigo e un hotel da Coruña acollerán o 8 e o 9 de marzo charlas de Josep Pàmies, cuxa presenza xa xerou polémica o ano pasado

Está morrendo máis xente por gripe este ano en Galicia?

A cifra de falecidos (107) xa é maior que nas campañas de 2014, 2015 e 2016 e supera en 21 persoas ás cifras da mesma semana de 2017

Un método da UVigo permite predicir o risco de caídas en persoas maiores

A investigadora Raquel Leirós desenvolveu na súa tese un modelo baseado nun acelerómetro, que permitirá identificar de xeito precoz problemas neurodexenerativos

Galicia, sen plans contra o radon co prazo da UE xa cumprido

O 6 de febreiro foi a data límite para tomar medidas sobre a exposición a este gas, a 2ª causa do cancro de pulmón, só por detrás do tabaco

Un exoesqueleto “low cost” para axudar a camiñar aos parapléxicos

A Universidade da Coruña desenvolve un innovador sistema que podería mellorar a mobilidade de milleiros de doentes

Desenvolven na USC un dispositivo para tratar a placa dental con aceites esenciais

A patente, creada a partir da tese de doutoramento de Víctor Quintas, chamou a atención de entidades de prestixio na Odontoloxía

Por que non se vacina a xente contra a gripe?

A epidemia, xa en fase decrecente e deixou xa 38 falecidos; todos de grupos de risco, e 18 deles non estaban vacinados

O virus Yamagata esquiva este ano a vacina da gripe

A alta prevalencia dunha liñaxe non incluída na vacina trivalente produce unha protección menor contra o virus

A Academia de Medicina premia un traballo de radiocirurxía do hospital de Santiago

O galardón recoñece o labor dun equipo multidisciplinar do Sergas no tratamento dos Schwannomas, uns tumores do nervio vestibular

Detectan oito tipos de cancro no sangue antes da metástase grazas á biopsia líquida

Unha investigación publicada en "Science" e realizada cun milleiro de pacientes ofrece esperanzadores resultados

Dous galegos participan nun importante achado contra a diabetes

Mabel Loza e José Brea, do grupo Biofarma da USC, asinan un artigo no que se identifican os activadores dunha diana que trata esta doenza

Científicos galegos descobren novos mecanismos da metástase do cancro de mama

Un equipo composto por investigadores do CiMUS e o Clinico de Santiago publicou un traballo baseado en estudos con peixes cebra

Ampliar os carrís bici evitaría 10.000 mortes prematuras en Europa

Un estudo internacional amosa as implicacións de seguridade viaria e de saúde que tería unha maior aposta pola mobilidade sostible

Arterias de vidro para estudar as doenzas coronarias

A investigadora da USC María Aymerich gaña o Premio de Investigación para mozos da RAGC

Endometriose: a dor que martiriza 60.000 galegas

A doenza, causada polo crecemento do tecido endometrial fóra do útero, carece de tratamentos específicos e non se sabe con certeza cal é a súa orixe

Detectan niveis de radon 10 veces por riba do recomendado no edificio do Concello de Ourense

Os resultados dos informes encargados a laboratorios da USC poñen de manifesto o problema da exposición a este gas nos edificios públicos de Galicia