Científicos galegos descobren novos mecanismos da metástase do cancro de mama

Novo avance con selo galego na loita contra o cancro de mama. Un equipo de investigadores da USC e do Hospital Clínico Universitario de Santiago acaban de publicar un artigo na revista Oncogene, do grupo Nature, no que describen un novo mecanismo implicado na metástase deste tipo de tumores no fígado e no pulmón. No traballo tamén participaron investigadores do hospital de Xove, en Xixón.

Segundo explica o investigador Anxo Martínez Ordóñez, estes resultados poderían ter utilidade como factor de prognóstico nas pacientes de cancro de mama, e tamén como dianas terapéuticas para tratar estes tumores. Os estudos realizáronse en peixes cebra e corroboráronse clinicamente en pacientes con cancro de mama.

Publicidade

Os resultados poderían ser útiles como factor de prognóstico e como diana terapéutica

En concreto, a investigación describe “que o factor de transcrición Pit-1 –unha proteína que participa na unión de secuencias de ADN- induce un aumento da expresión do receptor das quimioquinas CXCR4 e o seu ligando CXCL12, desencadeando un aumento da proliferación celular, migración, invasión e anxioxénese”, explican desde a USC. Ademais, engade Anxo Martínez, o bloqueo de CXCR4 reduce o crecemento tumoral e diseminación celular nun modelo in vivo de peixe cebra.

En opinión do investigadores, unha das razóns desta afinidade é a maior expresión de certas proteínas, como as quimioquinas, nos órganos secundarios afectados pola metástase. As quimioquinas, explica Martínez Ordóñez, “teñen a habilidade de atraer células tumorais por quimiotaxis. No traballo publicado en Oncogene os autores comprobaron que o aumento de Pit-1 induce un aumento de CXCR4 “e, polo tanto, unha maior afinidade destas células de cancro de mama por tecidos con alta expresión de CXCL12”. Na constatación clínica do traballo realizado sobre modelos animais, o equipo puido corroborar que “aqueles pacientes con cancro de mama que desenvolveran metástase a fígado e pulmón tiñan unha maior expresión de Pit-1 e CXCR4”, explica Anxo Martínez.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Galicia ampliará de xeito progresivo o cribado de cancro de mama a mulleres de entre 45 e 74 anos

Ao longo do ano 2027 serán invitadas por primeira vez a participar no programa as persoas usuarias nadas nos anos 1982 e 1977

Un centro da USC lidera unha rede europea arredor dos mecanismos xénicos das enfermidades humanas

O proxecto DECODES, coordinado polo CiMUS, contará con 4,5 millóns de euros e formará 15 investigadores predoutorais para estudar o papel do ‘splicing’

Un proxecto galego propón usar nanopartículas inocuas en inmunoterapias celulares

A iniciativa Nano-ARN, liderada pola investigadora da USC María José Alonso, busca comercializar a través dunha 'spin-off' un reactivo con alta capacidade de integración do ARN