O grupo Biofarma da USC participa nun proxecto de novas dianas contra o cancro

O grupo de investigación da Universidade de Santiago BioFarma participa no desenvolvemento de dianas epixenéticas contra o cancro dentro dun proxecto liderado pola compañía Oryzon Genomics. Cun orzamento próximo a 1,5 millóns de euros, o proxecto contará co financiamento de axudas plurianuais do Ministerio de Economía e Competitividade coa participación da Unión Europea no marco do programa Retos-Colaboración. Coa meta de ter rematado en decembro de 2017, esta liña de traballo explorará o rol de novos inhibidores dirixidos a dianas epixenéticas en indicacións oncolóxicas.

BioFarma (http://www.usc.es/biofarma/) está coordinado pola profesora Mabel Loza e atópase emprazado no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS). Está especializado en investigación aplicada ao descubrimento temperá de fármacos en colaboración coa industria farmacéutica e biotecnolóxica e está considerado un referente internacional neste ámbito.

Publicidade

O proxecto desenvolverase baixo a denominación ‘Descubrimento e combinación de novos tratamentos para o tratamento de cancro baseados na modulación de dianas epixenéticas e receptores de adenosina’ e contará coa colaboración da compañía Palobiofarme e o Centro Tecnolóxico Leitat Technological Center, ambos os dous emprazados en España.

O papel do grupo da USC BioFarma pasa por aplicar a súa experiencia en programas de descubrimento temperá de fármacos, executando actividades de cribado de novos compostos xerados por Oryzon Genomics e Palobiofarma para a avaliación da actividade/selectividade dos novos compostos. Ademais, responsabilizarase da caracterización do ADME (Absorción, Distribución, Metabolismo e Excreción) in vitro, así como de estudar dalgúns compostos sobre liñas celulares tumorais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás