A Real Academia Galega de Ciencias entrega os Premios á Transferencia de Tecnoloxía

A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia galega de Innovación, entregou os Premios á Transferencia de Tecnoloxí, que puxeron en valor dous proxectos volcados “nun dos retos máis complexos, ambiciosos e apaixonantes aos que a ciencia se enfronta hoxe: o cerebro humano”, como salientou no acto o conselleiro de Industria, Francisco Conde.

O primeiro dos galardóns xa ten sido, lembrou o conselleiro, considerado un dos maiores logros da investigación biomédica da historia de Galicia: unha nova terapia para atallar as secuelas do ictus, desenvolvida polo grupo de investigación aplicada de José Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, e que será comercializada grazas ao interés dunha multinacional farmacéutica na investigación galega.

Publicidade

O segundo proxecto premiado, sinalou Conde, ven de ser recoñecido por Bayer como unha das tecnoloxías con máis proxección de España no eido da ehealth. Trátase do sistema de diagnóstico temperán de enfermidades neurodexenerativas IQ-BRAIN, desenvolvido pola start-up coruñesa Qubiotech, que naceu como spin-off dun grupo de investigación do CHUS e apoiado pola Fundación Ramón Domínguez e a Plataforma de Innovación do SERGAS.

 

“Ambos proxectos son unha mostra máis de que Galicia non só é unha terra con start ups e investigadores coa posta vista no futuro, senón unha rexión cunha verdadeira cultura innovadora”, dixo Conde, que sinalou o papel de vangarda de Galicia ao ter sido quen de axudar a deseñar e probar o primeiro vehículo autónomo que probouse nas estradas españolas, construír os oceanográficos máis avanzados do mundo, ou atraer ás principais multinacionais aeronáuticas do planeta para deseñar xunto ao talento galego os avións non tripulados do futuro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago