Publicidade

"O consumo moderado de cervexa non é incompatible co deporte"

“As características organolépticas da cervexa e a súa composición xustifican que poida ser adecuada para repoñer as perdas hidrominerais que se producen coa suor e facilitar a recuperación tralo exercicio físico”, defende o catedrático da Universidade de Granada Manuel Castillo, que este mércores presentou en Pontevedra, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, o estudo Idoneidade da cervexa na recuperación do metabolismo dos deportistas. Fíxoo no marco da Xornada Cervexa e Deporte, dirixida a afondar nos efectos que pode ter un consumo moderado desta bebida alcohólica trala práctica de actividade física. Nese senso, ao tempo que insistiu en que a auga debe ser a base da rehidratación, Castillo puxo de relevo as achegas de potasio, minerais ou vitaminas desta bebida no marco desta iniciativa promovida polo Centro de Estudos Olímpicos da Universidade xunto co Centro de Estudios Cerveza y Salud e que se pechou coa carreira Beer Runners, un percorrido de catro quilómetros polo campus no que participaron preto dun cento de estudantes. “O consumo moderado de cervexa non é incompatible co deporte”, segundo o catedrático de Granada, e mesmo ten aspectos positivos.

Participantes na carreira Beer Runners no campus de Pontevedra.
Participantes na carreira Beer Runners no campus de Pontevedra.

Xunto a Castillo, a apertura destas xornadas contou coa participación do vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho; a directora do Centro de Estudos Olímpicos, María José Martínez Patiño; e a deportista María Isabel García, padexeira que participou nas Olimpíadas de Sidney e Atenas.
Responder á pregunta de se o consumo de cervexa trala realización de actividade física é ou non unha práctica saudable era o eixo dunha actividade que, como sinalou Martínez Patiño, partía da idea dun “consumo adecuado, xa que se se asocia á cervexa a un consumo masivo, loxicamente non só non é beneficioso, senón que estamos a falar dun problema de saúde pública”. Nese senso, Castillo deixou claro no inicio da súa intervención que “a principal relación que ten a cervexa co deporte é celebrar os triunfos ou facer máis fácil a derrota”. Mais ao mesmo tempo, resaltou tamén que se trata da terceira bebida máis consumida no mundo, despois da auga e do té, e polo tanto unha bebida á que se recorre para saciar a sede, “tamén tras facer deporte”.

O alcohol e o efecto diurético son os aspectos negativos da cervexa tras o deporte

Nese senso, este investigador presentou neste acto as conclusións do estudo ‘Idoneidade da cervexa na recuperación do metabolismo dos deportistas‘, realizado pola Universidade de Granada xunto co CSIC, do que salientou que un consumo moderado podería producir efectos beneficiosos “sempre e cando se consuma por adultos sans e dentro dunha alimentación saudable e equilibrada”. Nese senso, Castillo, lembrou que esta bebida é auga nun 95%, pero que ademais achega “substratos metabólicos que remprazan as perdas ocasionadas polo exercicio, como son aminoácidos, minerais, vitaminas do grupo B e antioxidantes”. Nese senso, incidiu no seu relatorio na importancia da “recuperación das perdas hídricas” que se producen facendo exercicio, para as que o alcol co que conta esta bebida pode “supor un problema”, ao igual que o seu “efecto diurético”. Mais ao mesmo tempo resaltou tamén en que se trata dunha bebida rica en potasio, un dos minerais que é preciso repor trala práctica da actividade física. Por todo iso, incidiu en que os deportistas precisan “manter uns hábitos de vida normalizados” entre os que entra “tomar unha cervexa cos amigos tras horas de adestramento”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As choivas dan un respiro aos alérxicos ao pole, que enfrontan novas ameazas pola mimosa e o cambio climático

Alergólogos recomendan ás persoas con alerxias consultar as ferramentas de información que prevén a concentración de pole no aire

Este é o tempo de exercicio físico que necesitas cada día para mellorar a túa saúde

Un estudo australiano demostra que tan só cinco minutos de adestramento de forza son beneficiosos a nivel físico e mental

Aquis Querquennis: 50 anos do achado da gran xoia oculta de Galicia

'A Cidá' é unha das infraestruturas romanas máis importantes de Europa e ten case dous milenios de historia

Investigadores galegos patentan un sistema de detección de problemas de equilibrio

A invención está pensada para persoas maiores e avalía a través dun algoritmo posibles complicacións no control da postura