Un novo test adianta un ano a detección do cancro de endometrio

O método, que se pode realizar dende a casa, é rápido, non invasivo e capaz de identificar entre o 90% e o 100% dos casos

Investigadores do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (IDIBELL), o Instituto Catalán de Oncoloxía (ICO) e a Universidade de Innsbruck en Austria deseñaron e probaron un novo sistema non invasivo e de automostra que podería avanzar un ano o diagnóstico do cancro de endometrio.

O novo método consiste nun test epixenético que mide o nivel de metilación de dous xenes concretos en mostras de citología de cérvix. As metilacións son modificacións do ADN que permiten activar ou inactivar a expresión de xenes. As mostras poden obterse a través de lixeiros raspados do colo do útero na consulta, ou a través dun pequeno dispositivo similar a un tampón que a paciente pode utilizar na súa casa.

Publicidade

Os resultados, publicados na revista Journal of Clinical Oncology, mostran que, en función do sistema usado para obter a mostra, esta nova estratexia detecta entre o 90% e o 100% dos casos de cancro de endometrio.

Segundo Laura Costas, líder do proxecto e investigadora principal no IDIBELL e o Instituto Catalán de Oncoloxía, sería factible utilizar este método para diagnosticar o cancro de endometrio en poboacións de risco.

Publicidade

O diagnóstico precoz, a clave para a supervivencia

O cancro de endometrio é un dos máis frecuentes entre as mulleres, afectando cada ano a máis de 400.000 persoas en todo o mundo. Actualmente, os métodos de diagnóstico son moi invasivos e dolorosos, maioritariamente a través de biopsias do endometrio. Un atraso no diagnóstico obriga a utilizar tratamentos máis agresivos e diminúe significativamente a supervivencia das pacientes.

É un dos máis frecuentes entre as mulleres, afectando cada ano a máis de 400.000 persoas en todo o mundo

“Este test funcionou ben tanto nas mostras que toma o persoal médico en consulta como en automostras vaxinais tomadas pola paciente na casa”, comenta Costas. “Con este novo sistema pódese reducir a presión asistencial e a necesidade dunha derivación inicial a un especialista e contribuír por tanto a un diagnóstico máis rápido”, engade.

Novo método de diagnóstico por grupos de risco

Para avaliar en profundidade o potencial da nova metodoloxía, os investigadores incluíron no estudo cohortes moi diversas de pacientes.

A estratexia pode ser moi beneficiosa en dous grupos de risco: mulleres posmenopáusicas con sangrado xinecolóxico, principal síntoma do cancro de endometrio, e mulleres con síndrome de Lynch, unha afectación xenética hereditaria que predispón a desenvolver cancro.

A proba permitiu identificar este cancro un ano antes do diagnóstico

Antes de implantar o novo método de diagnóstico, os investigadores propoñen realizar estudos de custo-efectividade e analizar grandes cohortes destes grupos de risco.

Por outra banda, o traballo mostrou resultados moi esperanzadores sobre a utilidade deste método na poboación xeral —fose de risco—, debido a que tamén permitiu identificar este cancro un ano antes do seu diagnóstico. De cara ao futuro, están a realizarse probas para avaliar test similares para o diagnóstico doutros cancros xinecolóxicos.


Referencia: A simple cervico-vaginal epigenetic test for early endometrial cancer detection – validation in several cohort and case/control sets (Publicado en Journal of Clinical Oncology)

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás