Nieves Cabo, de 82 anos, primeira vacinada en Galicia contra o coronavirus

A usuaria da residencia Porta do Camiño de Santiago inicia a campaña, para a que chegarán a Galicia este luns as primeiras 18.000 doses da vacina de Pfizer

Nieves Cabo Vidal, de 82 anos, converteuse hoxe na primeira persoa en recibir en Galicia a vacina contra a Covid-19. Esta usuaria da residencia Porta do Camiño, de Santiago de Compostela, recibiu a primeira dose as 11:00 horas de hoxe, 27 de decembro, día no que comeza  a campaña de vacinación en Galicia co antídoto de Pfizer. A propia Nieves asomouse ás xanelas da residencia para manifestar a súa ledicia e considerou que cuantos máis se vacinen mellor, ademais de constatar que “o bicho deu moitos desgustos”, segundo recolleu a axencia Efe.

As primeiras doses da vacina do coronavirus chegaron á dez da mañá ao almacén da empresa Biorepos, en Santiago de Compostela, que dispón do sistema de conxelación necesario para a súa conservación en frío, con temperaturas por baixo dos 70 graos baixo cero.

Publicidade

As doses chegaron dende Guadalaxara durante a noite nun convoi escoltado pola Garda Civil con apoio da Policía Nacional. O Sergas ten previsto vacinar un máximo de 250 persoas este domingo 27 de decembro.

Está previsto que a meirande parte das primeiras 18.000 doses cheguen este luns a Galicia na primeira entrega semanal do Goberno central. Pero non poderán utilizarse ese mesmo día, xa que deben ser baixadas a temperatura ambiente. Así que será o martes cando se realice a vacinación de xeito simultáneo en residencias das sete áreas sanitarias galegas.

Publicidade

Inicio da campaña de vacinación da Covid-19 na residencia de maiores Porta do Camiño, Santiago de Compostela.

O protocolo establecido fixa que os primeiros en recibir as vacinas serán os máis de 20.000 usuarios das residencias de maiores e os 17.000 traballadores destes centros. Tras eles, serán vacinados os 3.000 profesionais sanitarios que están directamente en contacto con pacientes do coronavirus.

Por outra banda, Araceli, unha muller de 96 anos, residente no centro de maiores Los Olmos de Guadalaxara capital, recibiu ás 9.00 horas a primeira dose da vacina en España.

Minutos despois foi vacinada Mónica, unha auxiliar de enfermería de 40 anos que traballa na mesma residencia. Con estas dúas inxeccións iniciouse este domingo en España a esperada estratexia de vacinación contra o coronavirus que se seguirá en todas as comunidades autónomas.

Está previsto que en doce semanas a inmunización chegue a 2.295.638 persoas a través de máis 4,5 millóns de doses da vacina de Pfizer e que se logre vacinar a toda a poboación durante varios meses.

Araceli, de 96 anos, residente en Guadalaxara, primeira vacinada en España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía