Nace Libera Bio para deseñar dende Santiago fármacos contra o cancro

A nova 'spin off' da Universidade de Santiago de Compostela xorde do laboratorio da catedrática María José Alonso

A USC acaba der ver nacer unha nova spin-off dedicada, nesta ocasión, ao desenvolvemento de novos medicamentos biolóxicos anticanceríxenos baseados en nanotecnoloxía. Libera Bio é unha compañía biofarmacéutica xurdida do laboratorio da profesora María José Alonso, onde se desenvolveu unha solución nanotecnolóxica disruptiva para o tratamento de cancros agresivos e de elevada incidencia a nivel mundial logo de moitos anos de investigación.

Alonso é unha das socias fundadoras da empresa, xunto a Olivier Jarry, asesor de negocio; e Desirée Teijeiro, responsable de valorización de I+D; e a propia USC. Libera Bio fai uso da plataforma patentada MPN Technology®, para dar un paso máis na utilización de medicamentos biolóxicos no tratamento personalizado do cancro: a liberación de anticorpos monoclonais a nivel intracelular, en células tumorais e metastásicas, para tratar dianas ata o momento inabordables farmacoloxicamente. Este é o caso da oncoproteína KRAS, que se encontra mutada en case o 100% dos cancros de páncreas e nun 25-30% dos carcinomas de pulmón, e na que Libera Bio está centrando actualmente os seus esforzos de desenvolvemento.

Publicidade

María José Alonso (esquerda) é unha das socias fundadoras da empresa, xunto a Olivier Jarry, asesor de negocio;e Desirée Teijeiro (centro), responsable de valorización de I+D

Esta novidosa estratexia terapéutica consiste nun vehículo de tamaño nanométrico especialmente deseñado para albergar moléculas de anticorpo e conducilas por vía intravenosa ata o tumor e as células metastásicas, onde se liberan provocando unha resposta antitumoral. Nestes momentos a empresa está a optimizar o prototipo final, facendo probas de concepto e planificando os estudos que lles permitan avanzar da preclínica á clínica. Paralelamente, están a colaborar con empresas farmacéuticas interesadas en facer uso da tecnoloxía aplicada ás súas propias moléculas terapéuticas.

Esta iniciativa nace ao abeiro de BioIncubatech, a primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en proxectos biotecnolóxicos aplicados á saúde e ao sector agroalimentario, e grazas ao apoio do programa de valorización IGNICIA – Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia coa colaboración da Fundación Barrié, un programa que resulta clave para potenciar a transferencia de coñecemento e a creación de valor a partir de resultados de investigación disruptiva.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia ampliará de xeito progresivo o cribado de cancro de mama a mulleres de entre 45 e 74 anos

Ao longo do ano 2027 serán invitadas por primeira vez a participar no programa as persoas usuarias nadas nos anos 1982 e 1977

Dous proxectos con selo USC reciben máis dun millón de euros en financiamento da Fundación “La Caixa”

Un estuda a aplicación clínica segura da radioterapia FLASH e o outro investiga a administración de fármacos atravesando as barreiras protectoras do cerebro

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión