Un estudo constata o aumento da mortalidade por secas e calor en Galicia

Os estudos realizados ata agora sobre o impacto da meteoroloxía na saúde dos galegos durante o outono e o inverno. A linguaxe popular fala desde hai moito tempo da caída da folla como un momento no que aumentan as mortes. Un exemplo é o traballo Winter circulation weather types and hospital admissions for respiratory diseases in Galicia, Spain publicado en 2016 no International Journal of Biometeorology por investigadores da USC, UVigo e MeteoGalicia. A investigación di que “hai un número máis alto de ingresos hospitalarios en inverno, entre novembro e marzo (90 de media) comparados coa media anual, de 75“, di o traballo nas súas conclusións.

Do mesmo xeito, hai determinadas condicións outonais e invernais, segundo o estudo, que favorecen a difusión dos virus como a gripe que poden causar estas doenzas respiratorias. “O clima frío e seco favorece a transmisión deste virus e conduce a debilitar as defensas dos sistemas respiratorios”.

Publicidade

Porén, un novo traballo, publicado na revista Science of The Total Environment, pon o acento nun feito cada vez máis habitual nos últimos anos en Galicia, con secas e vagas de calor intensas, como a de 2017. A investigación realizada por científicos do EPhysLab do Campus de Ourense e o Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) atopou asociacións “estatísticamente significativas” entre o aumento da mortalidade e a existencia de episodios de seca e calor extremo.

O traballo demostra que a variación mortalidade é significativa nas provincias do interior

O traballo abordou un amplo abano de tempo, entre 1983 e 2013. Destaca que “por primeira vez” se analizou un estudo de diagnóstico de series de tempo neste senso. Así, os autores estudaron a mortalidade diaria por causas naturais, causas circulatorias e causas respiratorias.

Publicidade

Para calcular os momentos de seca utilizouse o Índice de Evapotranspiración-Precipitación Estandarizado (SPEI) diario e o Índice de Precipitación Estandarizado (SPI) diario, obtidos en diferentes escalas de tempo (1, 3, 6, 9 meses) , para identificar e clasificar a intensidade dos períodos de seca e os de non seca.

A nivel estatístico, os científicos usaron modelos cos que calcularon os riscos relativos (RR) de diferentes causas de mortalidade e, con estes datos, calculose tamén a porcentaxe de mortalidade de risco atribuible (%AR). Estas fórmulas demostraron que “houbo asociacións significativas entre os períodos de seca e a mortalidade en todas as provincias, excepto Pontevedra, nas diferentes escalas de tempo.

Máis mortalidade no interior ca na costa

Do mesmo xeito, os períodos de seca influíron máis nas provincias interiores (con poboación máis envellecida) ca na costa, cunha afectación maior en Lugo na mortalidade por causas respiratorias. Os investigadores atribúen esta diferenza ao “efecto da contaminación atmosférica” derivado dos episodios de seca, ao haber un aire menos ‘limpo’ debido á unha presenza maior de partículas en suspensión. Esta cifra foi especialmente notable no período de 2000 a 2009 en Ourense.

Expoñen os autores que a maior frecuencia e intensidade das secas debido ao cambio climático e a falta de estudos que consideraran o impacto destes episodios nas causas específicas de mortalidade “fan que este tipo de análise sexa necesaria”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla