Venres 19 Abril 2024

Galicia mantense como a segunda comunidade con máis contaminación industrial

As emisións de gases de efecto invernadoiro por parte das grandes empresas galegas reducíronse un 8% o ano pasado, ao pasar dos 15,3 millóns de toneladas de dióxido de carbono emitidos (CO2) a 14,1, segundo o balance provisional da Consellería de Medio Ambiente sobre a actividade das 48 instalacións sometidas a control. Un dos maiores descensos, cunha caída do 12,2%, afecta aos principais emisoras, as centrais de produción de electricidade, especialmente as térmicas, que lanzaron á atmosfera 9,3 millóns de toneladas do citado gas.

Este descenso non impide que Galicia siga a ser a segunda comunidade con máis contaminación industrial, segundo os datos do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes.

Publicidade

Galicia é responsábel do 15,08% do total das emisións a atmosfera de España, con 14.284.312 toneladas/ano. Ademáis é a primeira en emisións de flúor, mercurio e perfluorocarburos. É a segunda en emitir dióxido de carbono, gases de efecto invernadoiro, dióxido de xofre, cloro e substancias acidificantes/precursoras de ozono. Tamén é a terceira comunidade por emitir á atmosfera partículas (PM10), monóxido de carbono, compostos orgánicos volátiles non metano (COVNM), metano, arsénico e cromo. Para rematar, ocupa o cuarto posto en emisións de óxidos de nitróxeno e metais pesados en conxunto.

Segundo o Rexistro Estatal de Emisións Contaminantes, Galicia ten o 4,45% do total dos complexos con información pública e que ao mesmo tempo é responsable das emisións do 80,5% dos perfluorocarburos; do 36,6% do flúor; do 30,5% de mercurio; do 22,0% do cloro; do 19,2% do dióxido de xofre; do 18,7% das particulas (PM10); do 15,1% do dióxido de carbono; do 12,6% dos óxidos de nitróxeno… por non citar os vertidos á auga de compostos organoestannicos (54,4%); zinc (16,4%); chumbo (15,3%); cloruros (10,1%); cobre (8,6%); e de compostos orgánicos haloxenados ( 5,9%).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204