“Conseguimos enganar ao tumor para que deixe de medrar”

O que nos mata non é o tumor que aparece primeiro, senón as metástases que veñen despois”, explica Alejandro Sánchez, investigador da USC e do IDIS que acaba de publicar un importante traballo no que, xunto á tamén galega Inés Fernández Piñeiro e un equipo de científicos vascos, alemáns e franceses, conseguiu reducir nun 80% as metástases no fígado que proceden do cancro de colon.

Dentro das metástases, a de fígado é unha das máis temidas. “É o órgano que nos limpa toda a toxicidade que entra no organismo, así que se chega aí un tumor a cousa complícase, e en case todas as metástases é o máis afectado”.
Cando as células tumorais saen do seu lugar de orixe e comezan a espallarse polo corpo, enganan ao organismo para medrar. “Son intrusos que non deberían estar aí”, explica Alejandro Sánchez. Pero aínda así, comezan a construír unha estrutura para alimentarse. “Para medrar, o tumor crea vasos sanguíneos que antes non estaban”.

Publicidade

saude/metastase-figado-usc-idis/

E aí entran en xogo os científicos. “Nós temos que dicirlle ao corpo que aí non hai nada que precise máis enerxía, nin vasos sanguíneos novos. Hai que restablecer a situación normal. E fomos capaces; conseguimos enganar ao tumor para que deixe de medrar”.

Publicidade

Colleron varios grupos de ratos, aos que lles provocaron unha metástase no fígado. No proceso para derrotar á metástase, segundo explica Sánchez, hai varios elementos a ter en conta. Por un lado, a combinación de moléculas que enganan ao tumor. E por outra banda, e non menos importante, as nanopartículas que conducen ás moléculas ata o lugar onde teñen que actuar. Disto encárgase o equipo da USC, de construír os ‘vehículos’ que levaban aos compostos ata a metástase.

“Cremos que podería servir para outros tipos de cancro”, sinala Sánchez

ImPara enganar ao tumor, comezaron por extraer as células endoteliais afectadas pola metástase e comparáronas con outras sás. Observaron as diferenzas, e viron que un tipo de micro-RNA (o mir-20a) uns elementos que participan na regulación de proteínas, estaba nas células sas, pero non nas que estaban en contacto co tumor.

A continuación, comezaron a experimentar para ver se a inclusión do mir-20a podería ‘enganar’ ás células tumorais para que cambiasen o seu comportamento. Mediante técnicas de nanotecnoloxía, obtiveron unhas partículas que dirixiron cara as células endoteliais hepáticas nos ratos aos que se lles provocara a metástase. E a análise demostrou que nos casos tratados se formaran moitos menos vasos sanguíneos novos dentro dos túmores. “E certificamos que o número e tamaño das masas da metástase se reduciran nun 80%“, explica Sánchez.

Unha vez conseguido este avance, o equipo márcase diferentes liñas para aumentar a eficacia do proceso. “Cremos que podería servir tamén para outros tipos de cancro”, sinala Sánchez. E por outra banda, tamén queren aumentar a porcentaxe do 80%, para derrotar en todos os casos á metástase.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional