Publicidade

O cerebro ordena as lembranzas mentres durmimos

Ao longo do día, as persoas retemos gran cantidade de información. O cerebro crea ou modifica as conexións neuronais a partir deses datos, elaborando recordos. Pero a maior parte da información que recibimos é irrelevante e non ten sentido que se conserve. En tal caso, o cerebro sobrecargaríase.

Ata agora existiron dúas hipóteses sobre como o cerebro durmido modifica as conexións neuronais creadas ao longo do día: mentres unha defende que todas elas se reforzan durante as horas de sono, a outra sostén que o seu número redúcese.

Publicidade

Ata agora existían dúas hipóteses sobre como o cerebro modifica as conexións neuronais mentres durmimos

Un grupo de científicos do laboratorio de Ole Paulsen, na universidade de Cambridge (Reino Unido), analizou os mecanismos que subxacen ao mantemento da memoria durante a fase de soño de ondas lentas –na que hai un descanso profundo–.

“Dependendo das vivencias dunha persoa e en función da súa relevancia, o tamaño das súas correspondentes conexións neuronais cambia. Son maiores as que gardan información importante e menores as que almacenan a prescindible”, explica á Axencia Sinc Ana González Rueda, autora principal do estudo e investigadora do MRC Laboratory of Molecular Biology (LMB) en Cambridge.

Segundo a experta, no caso de que todos estes vínculos se reforzaran por igual durante o sono, o cerebro saturaríase por unha sobreexcitación extrema do sistema nervioso.  No estudo, publicado na revista Neuron, os investigadores estimularon as conexións neuronais de ratos sometidos a un tipo de anestesia que consegue un estado cerebral similar á fase de sono de onda lenta en humanos.

Os resultados amosaron que as conexións máis grandes mantéñense e as menores pérdense

En palabras de González Rueda, a estimulación realizouse ‘a cegas’ porque non se sabía a información que contiña cada un dos vínculos. “Desenvolvemos un sistema para seguir a evolución dunha determinada sinapsis neuronal e así estudar que tipo de actividade inflúe en que estas se manteñan, crezan ou diminúan”.

Os resultados mostran que durante o sono de ondas lentas, as conexións máis grandes mantéñense mentres que as menores pérdense. Este mecanismo cerebral mellora a relación sinal-ruído –permanece a información importante e refúgase a prescindible– e permite o almacenamento de varios tipos de información dun día a outro sen perder os datos anteriores. É dicir, os que xa se consideraron relevantes anteriormente mantéñense nese estado sen ter que volver reforzalos.

Segundo González Rueda, o cerebro “pon orde” durante as horas de soño, descartando as conexións máis débiles para asegurar recordos máis fortes e consolidados. “Aínda que o cerebro ten unha capacidade de almacenamento extraordinaria, manter conexións e actividades neuronais require moita enerxía. É moito máis eficiente manter só o necesario”, afirma a experta. “Mesmo sen manter toda a información que recibimos, o cerebro gasta o 20% das calorías que consumimos”.

Esta investigación é un primeiro indicio do mecanismo electrofisiolóxico do soño e abre novos horizontes grazas ao desenvolvemento dunha nova forma de estudar a plasticidade sináptica in vivo.

O próximo obxectivo dos expertos é investigar as consecuencias deste tipo de actividade cerebral para o mantemento dunha información determinada e analizar novas fases de sono. “Ademais da análise da fase de ondas lentas, podería ser interesante saber que pasa na fase REM, durante a que se producen os soños”, conclúe González Rueda

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago demostra que o cerebro modula a composición da microbiota

O estudo realizado en ratos e publicado na revista 'Nature Medicine' axuda a comprender mellor a relación entre a actividade neuronal e o intestino

Como a química do noso cerebro fai que as drogas tomen o control

O consumo de alcol e outras substancias intensifican a liberación de dopamina, o que fai que o órgano motive á persoa a volver conseguilas

Un estudo en ratos revela que os microplásticos poden causar trombos no cerebro

O achado suxire que os residuos poden inducir disfunción neurolóxica a través da activación das células inmunitarias do órgano

Descuberto o proceso polo que o teu cerebro limpa os seus refugallos mentres dormes

Un equipo danés descobre a molécula que impulsa a eliminación de células danadas, lixo dos produtos metabólicos e bacterias