Identifican a concentración tóxica dunha proteína no Alzhéimer

A enfermidade neurodexenerativa de Alzhéimer está relacionada coa aparición de pequenas aglomeracións dunha proteína natural, a beta-amiloide, nos cerebros dos pacientes. Investigadores do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela lograron demostrar por primeira vez que a forma máis tóxica desta proteína, a Ab-42, forma aglomerados de xeito espontáneo en canto a súa concentración supera un certo límite. Este importante resultado foi publicado na revista prestixiosa Scientific Reports da editorial Nature Publishers.

Aplicando unha técnica ultrasensible, capaz de analizar moléculas individuais, a investigadora Mercedes Novo e o seu equipo determinaron a concentración crítica da formación de agregados pequenos da proteína beta-amiloide Ab-42 no medio fisiolóxico.

Publicidade

“Logramos avanzar no estudo desta proteína grazas ao traballo meticuloso da doutora Sonia Freire” , salientou Novo. “Outros laboratorios analizaron variantes da proteína máis fáciles de manexar, pero nós puxémonos como reto dar coas condicións experimentais adecuadas para o amiloide Ab-42, a variante máis relevante para a enfermidade. É moi difícil de manexar e custounos varios anos de traballo e moita paciencia obter resultados fiables -un tempo que laboratorios grandes moi competitivos xa non están dispostos a investir-”, explica .

A investigación foi publicada na prestixiosa revista Scientific Reports

A investigación dirixida por Mercedes Novo e Wajih Al-Soufi, profesores da Facultade de Ciencias de Lugo e investigadores do Grupo de Química Biofísica, Fotofísica e Espectroscopía da USC, demostra que a agregación inicial da proteína ten grandes similitudes coa ensamblaxe espontánea de micelas a partir de moléculas de surfactante, que foi amplamente estudado polos autores e permitiulles modelizar o proceso de agregación do beta-amiloide.

Publicidade

A existencia dun réxime de concentracións baixas libre de agregados da proteína Ab-42 apoia a hipótese máis aceptada actualmente de que un aumento da concentración desta proteína no cerebro pon en marcha unha fervenza de procesos que leva á enfermidade de Alzhéimer, onde os pequenos agregados formados nas etapas iniciais serían os maiores responsables da toxicidade. Por iso, unha mellor comprensión destes procesos iniciais é crucial na loita contra a enfermidade neurodexenerativa de Alzhéimer.

2 COMENTÁRIOS

  1. Noraboa, moitas gracias pola vosa dedicación, moitas gracias por regalar os vosos coñecementos, moitas gracias a todolos científicos, gracias, moitas gracias. Eternamente agradecida. Un abrazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O método REPAG: como transformar os subprodutos de pataca nas proteínas alimentarias do futuro

O Centro Tecnolóxico galego desenvolve un proceso sostible e innovador para converter restos do procesado industrial en ingredientes de alto valor engadido para consumo humano

O Living Lab de Vigo pon en marcha o testeo colaborativo de solucións tecnolóxicas para a saúde

O proxecto internacional conta con oito propostas innovadoras en desenvolvemento para tratar pacientes con Alzheimer e demencia

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións