Leite A2, que é e que beneficios ten para a saúde

Unha clase maxistral do catedrático Alberto Cepeda revela as vantaxes dos lácteos sen as betacaseínas do produto convencional

Nas últimas décadas, o consumo de leite experimenta unha tendencia á baixa, un fenómeno que se asocia parcialmente ás intolerancias lácteas que manifesta unha parte dos consumidores. En España, segundo os datos da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (Efsa), arredor dun 34% da poboación declárase con intolerancias aos lácteos. Como solucionalo?

A maior parte da poboación con problemas para consumir lácteos autodiagnostícase como intolerante á lactosa, pero as investigacións demostraron que, ou ben non o é, ou hai outra causa adicional que se superpón na súa intolerancia: a presenza dun péptido, chamado betacasomorfina-7 (BCM7), procedente do proceso dixestivo da betacaseína A1, unha proteína presente no leite convencional.

Publicidade

Ese péptido BCM7 evítase cos lácteos A2, que están libres de xeito natural das betacaseínas A1, pois só conteñen betacaseínas A2. En Galicia, o leite A2 pode atoparse nos supermercados desde o 2021, nunha experiencia pioneira a nivel estatal iniciada pola marca Deleite.

Repasamos as vantaxes para a saúde do leite A2, a partir dunha lección maxistral impartida recentemente en Lugo polo catedrático de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago, Alberto Cepeda Sáez.

Que problemas causa o péptido BCM-7, xerado na dixestión do leite convencional?

“Se ben son precisas maiores investigacións, existe un consenso científico en que o BCM7 está asociado á aparición ou potenciación de diversos efectos gastrointestinais, neurolóxicos e cardiovasculares negativos para a saúde do ser humano”, sinala o profesor Cepeda .

Lección maxistral de Alberto Cepeda na USC.

Este escenario de efectos negativos pola betacaseína A1, presente nos leites convencionais, é especialmente máis probable “cando existe unha permeabilidade intestinal alterada, como se dá no intestino inmaduro da primeira infancia ou en adultos con problemas como colon irritable, hernia de hiato, pólipos intestinais ou enfermidade de Crohn”, subliña Cepeda.

Cales son os efectos beneficiosos de consumir leite A2, con respecto ao leite convencional?

Os posibles efectos beneficiosos do consumo do leite A2, en comparación co leite convencional, con betacaseínas A1, relaciónanse principalmente “coa resposta alérxica, o estrés oxidativo, a saúde cardiovascular, a cognición neurolóxica e a prevención da síndrome de morte súbita no lactante”, sinala Alberto Cepeda.

Alberto Cepeda
Alberto Cepeda, durante a clase maxistral na USC en Lugo.

Estes son os principais beneficios do consumo de leite A2:

▪️ Tolerancia ó consumo de lácteos co leite A2

Os síntomas gastrointestinais que se viñan explicando tradicionalmente pola intolerancia á lactosa (inchazón, flatulencias, diarrea, cambres abdominais) débense tamén en parte a betacasomorfina-7.

“A BCM7 relaciónase cun aumento da inflamación e molestias gastrointestinais, o que podería explicar a intolerancia láctea que moitos individuos perciben como intolerancia á lactosa”, explica Alberto Cepeda. “Isto suxire que hai unha superposición entre os síntomas de intolerancia á lactosa e os que poden explicarse pola betacasomorfina-7”.

En consumidores que realmente experimenten intolerancia á lactosa, o leite A2 facilitará a mellora dos síntomas asociados á mesma.

“O leite A2 mellora a resposta inmune e reduce síntomas alérxicos, como pode ser o estrinximento funcional crónico en nenos”

Os lácteos A2 reducen ademais as respostas alérxicas en adultos e nenos, pois o péptido BCM7, xerado na dixestión do leite convencional, provoca cambios na resposta inmune e na liberación de histamina, o que se vai traducir en síntomas de alerxia, como o estrinximento funcional crónico en nenos.

▪️ Aumento de antioxidantes

Está demostrado que o consumo de leite A2 incrementa a produción natural de glutatión, que é un potente antioxidante, cos conseguintes beneficios para a saúde.

▪️ Mellora da saúde cardiovascular

A relación do leite A2 coa mellora da saúde cardiovascular trazouse ao coñecerse que poboacións que consumían leite libre naturalmente da betacaseína A1, como o leite de búfala, tiñan unha incidencia de enfermidades cardiovasculares máis baixa. Existen moitos outros factores asociados ás patoloxías cardiovasculares, pero algúns autores coinciden en que o consumo de leite A2, en comparación co leite convencional, é un factor que reduce os riscos.

“O leite A2 presenta case o dobre de omega 3 e o triple de ácido araquidónico (omega 6) que o leite convencional”

Algúns motivos da mellora están na composición lipídica do leite A2, que presenta un contido de ácido alfa-linolénico (omega 3) que é “case o dobre do leite coa betacaseína A1”, sinala Alberto Cepeda. É tamén de destacar que o contido de ácido araquidónico (omega 6) é incluso “tres veces maior no leite A2 que no leite coa variante A1”, engade.

▪️ Beneficios neurolóxicos

“Son varios os estudos clínicos que demostran o establecemento dun vínculo directo entre o consumo da variante A1 e un empeoramento na función cognitiva e, de xeito similar, entre o consumo da variante A2 e unha mellora da citada función en nenos de idade preescolar”, relata Alberto Cepeda.

“Hai estudos que demostran unha vinculación directa entre o consumo do leite A2 e a mellora da función cognitiva en nenos de idade preescolar”

▪️ Outros beneficios en estudo

Os estudos científicos sobre o leite A2 están a dispararse nos últimos anos, polo que se espera o descubrimento de beneficios adicionais para a saúde asociados ao seu consumo, principalmente pola eliminación da betacaseína A1 da dieta.

“Estudos recentes buscaron poñer de manifesto unha posible conexión entre a síndrome de morte infantil súbita e o consumo da betacaseína A1, se ben son precisas maiores investigacións”, valora Alberto Cepeda.

Tamén hai estudos que tratan de probar unha relación da betacaseína A1 como un factor desencadeante da diabetes tipo 1, pero esta vinculación “é aínda controvertida e debe probarse”, valora Cepeda.

Como se obtén o leite A2?

O leite A2 non é o resultado dun processo tecnolóxico. É leite xenuíno, ó que non se lle quita nin engade nada.

A obtención do leite A2 é un proceso natural, pois trátase só de que as granxas seleccionan cun test os animais que producen leite A2.

A marca galega Deleite, pioneira na comercialización de leite A2, explica que as súas granxas proveedoras fixeron un xenotipado de todo o rabaño e seleccionaron de xeito natural e progresivo, durante anos, ás vacas que producían só leite coa betacaseína A2, é dicir, leite por tanto libre da betacaseina A1.


Coa colaboracion de Deleite

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace ‘Carballo’, o primeiro modelo lingüístico de intelixencia artificial en galego

O novo sistema da USC permitirá a creación de novas ferramentas e aplicacións de IA xerativa ao abeiro do proxecto Nós

Un reactor de luz solar elimina ata un 90% dos fármacos presentes en augas residuais

A tese de Jorge González, da USC, centrouse no deseño de sistemas de tratamento innovadores a base de nanopartículas

Conservar a biodiversidade a través da IA: así o consegue un novo modelo creado en Lugo

A empresa 3edata cartografa hábitats en espazos protexidos mediante técnicas de aprendizaxe automática

O traballo silencioso da muller galega no mar: “Non facían dobre, senón tripla xornada”

A investigadora da USC Luisa Muñoz Abeledo publica un libro para honrar os labores femininos, que supoñían o 30% dos ingresos familiares