Juan Gestal: “O virus volverá no outono, pero estaremos mellor preparados”

O experto en Medicina Preventiva e Saúde Pública abordou como se deberán afrontar as decisións das seguintes semanas e meses

Unha das voces máis consultadas nas últimas semanas en Galicia para comprender a evolución da epidemia do coronavirus é Juan Gestal Otero, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. Gestal abordou este martes a situación pasada, presente e futura da crise desde o punto de vista da epidemioloxía no seminario organizado pola RAGC.

“O principal problema que tivemos foron os pacientes que xa eran infecciosos durante o período de incubación”, sinalou Gestal sobre unha das características que fixo máis grave e espallou a pandemia do novo coronavirus. “Os contaxios en fase presintomática foron moi importantes, aínda que o uso masivo de máscaras e os tests foron claves no éxito para deter o avance. Controlaron unha fonte de infección que se lle escapou a outros países”, engadiu o científico, que salientou o aprendido doutros abrochos previos como os do SARS e o MERS.

Publicidade

Outra das características do SARS-CoV-2 é que “a carga viral máxima aparece xusto antes do comezo dos síntomas, o que amosa o risco de contaxio nesta fase”, dixo Gestal, quen engadiu que “aos 21 días baixa ata o límite de detección sen diferenza por sexo, idade ou situacion clínica”.

Un dos maiores retos da ciencia neste intre é responder ao interrogante sobre os portadores despois da curación: “Eliminan o virus, ou queda en lugares do corpo onde non é detectado como podería ser o intestino?”

Publicidade

Sobre a fin das medidas de contención, Gestal cre que o “desescalado de verdade, para facer vida normal, con apertura de tendas e hostalaría, despois do pico de comezos de abril en Galicia” non está próximo: “Hai que chegar a que non haxa ningún caso, e telos controlados, ao que hai que engadir a capacidade de controlar calquera caso importado. En Wuhan, cando desapareceron os casos autóctonos, deixaron dúas semanas polas posibles incubacións antes de abrir”.

“Hai que ser prudentes, dixo Gestal, “o desconfinamento tense que facer distinguido por territorios dentro das comunidades autónomas, non poden saír todos á vez”.

O catedrático emérito da USC valora empregar test masivos, traballar cos colectivos máis expostos, facer rastrexos rigorosos de contactos, ou utilizar apps en móbiles para poder conter a pandemia.

No que atinxe a probabilidade de que no verán baixe a incidencia do virus, Gestal manifestou que o máis seguro é que “no outono teremos risco dunha nova ondada. Pero teremos máis recursos terapéuticos, con ensaios clínicos feitos con remdesivir ou con plasma. Mentres non teñamos unha vacina, non rematará esta situación, pero estaremos mellor porque temos aprendido moito nestes meses”.

E engadiu a súa perplexidade ante unha medida que se toma en moitas cidades e vilas: A desinfección das rúas; “non entendo por que se están a desinfectar as rúas, non lle atopo fundamento”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe