Publicidade
Sábado 24 Maio 2025
Publicidade

A Academia de Ciencias analiza nun seminario o impacto do coronavirus

Expertos en microbioloxía, farmacia, epidemioloxía, matemáticas, intelixencia artificial ou economía abordan as leccións aprendidas e a perspectiva da crise

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) organiza este martes ás 16.30 horas un seminario virtual que leva por título Leccións aprendidas e perspectivas na crise da Covid-19, no que académicos e expertos en diferentes disciplinas clave para abordar a epidemia achegarán o seu coñecemento. Tomarán parte, ademais do presidente da RAGC, Juan M. Lema, os investigadores Jesús López Romalde, Benito Regueiro, María José Alonso, Juan Gestal, Juan J. Nieto, Senén Barro e Luis Caramés.

O encontro desenvolverase a través da plataforma Microsoft Teams, e as inscricións poderán realizarse no enderezo ragciencias@ragc.gal. As prazas son limitadas.

Publicidade

Programa do seminario

16.30: Presentación. Juan M. Lema, presidente da RAGC.

16.35: Que sabemos do SARS-CoV-2. Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía.

Publicidade

16.50: Utilidade dos kits de diagnóstico. Benito Regueiro, catedrático de Microbioloxía e xefe de servizo do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

17.05: Os retos para desenvolver e viabilizar unha vacina. María José Alonso, catedrática de Farmacoloxía e académica da RAGC.

17.20: Epidemioloxía. Que temos aprendido? Que nos espera? Juan Gestal, catedrático de Medicina e Saúde Pública.

17.35: A dinámica do contaxio en Galicia. Juan J. Nieto, catedrático de Análise Matemática e académico da RAGC.

17.50: A intelixencia artificial ante unha pandemia. Senén Barro, catedrático de Ciencias da Computación e Académico da RAGC.

18.05: As previsibles consecuencias económicas. Luis Caramés, catedrático de Economía Aplicada e académico da RAGC.

18.20. Debate aberto.

18.30. Fin da sesión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid

A revolución das vacinas contra a covid, o antes e o despois da ciencia

A tecnoloxía do ARN mensaxeiro permitiu crear fármacos para combater o SARS-CoV-2 en tempo récord e impulsou as inmunizacións masivas

Cinco anos do primeiro caso de covid en Galicia: o día que comezaron a cambiar as nosas vidas

O 4 de marzo de 2020 rexistrouse o 'paciente cero', un home que visitou A Coruña procedente de Madrid para facer unha entrevista de traballo