Hai agora 10 anos, no 2010, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) acadaba por primeira vez a acreditación do Instituto Carlos III, que renovou por segunda vez hai uns días. Este recoñecemento, clave para o seu funcionamento, permítelle manter abertas as súas liñas de traballo, que captaron en 2019 máis de 32 millóns de euros e involucran a case 1.300 profesionais. Un traballo diario en contacto directo co CHUS e a Universidade de Santiago, cerne das súas unidades de investigación, a través das cales se busca dar resposta aos desafíos sanitarios que afronta a sociedade galega.
O seu director científico, José Castillo Sánchez (A Coruña, 1947), referencia para varias xeracións de neurólogos clínicos en Galicia e España, destaca que unha das tarefas pendentes dos centros de investigación segue sendo a necesidade de contar mellor e con máis claridade á sociedade o que se fai para mellorar a vida das persoas. “Temos que facernos entender mellor”, di Castillo.
– Que supón a recente reacreditación por parte do Instituto Carlos III?
– É a clave, porque supón que nos abran ou nos pechen a porta a todo o traballo que facemos. Realmente trátase dunha tarefa continua, xa que desde que nos acreditan comezamos practicamente a traballar na seguinte valoración, tamén revisada polo comité clínico externo que temos. Avalíannos toda a nosa produción, indícannos o que está ben e o que podemos facer mellor. Se o balance global é positivo, seguimos adiante, e senón, queda en suspenso ata que melloremos as tarefas pendentes.
– Presentaron tamén a semana pasada o balance da memoria de 2019. Como foi o pasado ano?
– Desde que o IDIS botou a andar, estamos todos os anos coa mesma dúbida: a liña ascendente é continua, polo que cada vez seguir medrando é un desafío meirande; nalgún momento terá que frearse o ascenso. Pero conseguímolo unha vez máis, e melloramos practicamente en todos os indicadores. Superamos os 32 millóns de euros de captación de recursos, aumentamos o factor de impacto medio das publicacións, seguimos rexistrando patentes, nacen novas spin-off... O balance é moi bo.
Todo isto lévanos a un problema importante, o da falta do espazo. Estamos nun punto no que cando nos din que chegan novos investigadores alegrámonos, pero éntranos a angustia por ver onde os podemos colocar. Xa se licitaron as obras para ampliar os laboratorios, e son bastante necesarias.
– Segue pendente a dificultade de acceder a unha carreira investigadora estable no ámbito sanitario.
– As cousas, cando levan tempo sen arranxar, custa que volvan funcionar ben dun día para o outro. E non podemos agardar outro mandato máis para abordar aspectos esenciais como o da estabilización. O da investigación non é un traballo de funcionario, e por iso penso que precisamos unha estabilización por obxectivos, para que se vaian avaliando pouco a pouco. Pero o que non pode ser é que se manteñan contratos en precario durante anos. A propia lei di que isto non está permitido, e por tanto hai que resolvelo xa.
Son optimista -aínda que xa o fun outras veces, e non se conseguiu aínda- en que pronto o poderemos solucionar. Levamos tempo negociando entre as distintas partes, e estamos avanzando, porque hai un acordo na gran maioría das cousas. Teño a percepción de que as posturas están próximas, e quero confiar en que en pouco tempo o problema da carreira profesional dos investigadores sanitarios vai estar resolto, se as Administracións dan o pequeno empurrón que falta.
“Son optimista, pronto poderemos solucionar o problema da carreira investigadora no ámbito sanitario”
Isto, con todo, é unha parte dun problema que non se soluciona só cun plan de choque, como se anunciou hai pouco por parte do Goberno. Precísase un plan organizado, cunha estratexia clara, para que a investigación e os científicos e científicas teñan as achegas necesarias para seren competitivos a nivel internacional, que se lles valore ben, con salarios e estabilidade acordes ao traballo que fan, e para que tamén podan desenvolver os seus proxectos de vida.
– Como se viviron no IDIS estes meses da pandemia da Covid-19?
– Sobre todo, con inquedanza. Houbo que pechar todas as instalacións, e parte dos equipos tiveron que involucrarse na atención á crise, sobre todo coas persoas que estaban preparadas para os procesos diagnósticos, e puxémonos á disposición do Sergas, cedéndolles equipamentos e infraestruturas que precisaban os hospitais.
Polo demais, entramos nunha fase de hibernación nos laboratorios, porque non se podía traballar, pero moita xente aproveitou para sacar dos caixóns tarefas que se vían freadas polo traballo cotián. O número de publicacións enviadas nestes meses, sobre todo durante o confinamento, aumentou moito.
Agora imos recuperando a actividade normal, e parece que poderemos acabar no ano nun punto semellante ao agardado en calquera outro ano. Parece que a pandemia fixo, no caso do noso persoal, que a motivación fose aínda máis alta do que xa era, e sacaron o mellor de si mesmos para cumprir co seu traballo.
– Pero non todo é a Covid-19.
– Os problemas que xa tiñamos seguen todos no mesmo sitio que estaban, e ás veces mesmo agravados pola situación excepcional que se viviu. Sen ánimo de restar relevancia ao coronavirus, en Galicia levamos máis dun mes sen falecementos por Covid-19, o cal é unha boa noticia e sinal de que se actuou razoablemente ben, pero segue morrendo xente por mor do cancro, de ictus, de infartos, etc. E estes problemas requiren tamén de recursos para investigar e traballo para afrontalos. E isto non para, dentro dunhas semanas xa estaremos coa campaña de vacinación da gripe, que tamén causa mortes todos os anos. Para valorar o necesario que é avanzar nisto, temos ver tamén como era a situación hai non tanto tempo. Hai que ter memoria. Dicirlle a alguén que tiña un cancro era case como estar escribíndolle a esquela. E recordo ben cando a mortalidade do ictus era dun 25%, cando agora estamos nun 7 ou 8%.
E cando a sida se converteu nun problema global, chegaron a destinarse a ela máis da metade dos cartos que ían a investigación no mundo. E a enfermidade segue estando aí, pero morre moita menos xente por mor dela, e iso conseguiuse grazas á ciencia. Hai que ir compaxinando todo. Agora, por exemplo, hai bastante malestar entre a comunidade científica e médica porque se non publicas sobre Covid-19, é moi dífícil publicar nalgunhas revistas de referencia, que á súa vez viron afectado o seu prestixio no medio da pandemia por algunhas das cousas que fixeron. Isto debe facernos reflexionar non só para o inmediato, senón tamén a longo prazo.
– En que asuntos hai que poñer o foco na investigación biomédica cara á sociedade galega?
– Penso que o IDIS está bastante ben situado no que importa en Galicia; a liña prioritaria é o envellecemento e, sobre todo, conseguir que este sexa activo, e con calidade de vida. A ciencia ten que axudar a sumar vida aos anos, e non ao revés, sumar anos de vida sen máis. De que vale que eu chegue aos 95 ou 100 anos se paso os últimos 20 cunhas limitacións enormes, e pechado nunha residencia, dependente para moitas cousas?
Isto comeza na prevención e, por tanto, na comunicación cara á poboación. Unha das tarefas pendentes, e que mesmo nos fixo ver o Instituto Carlos III na súa valoración, é que temos que mellorar certos aspectos para que a xente entenda mellor o que facemos. Niso tamén estades vós, os medios de comunicación, que teñen que actuar como tradutores e ser responsables co que se publica. Non se poden dar noticias de alerta desmesurada, tanto positiva como negativa, aínda que sabemos que iso vende ben.
As nosas áreas de investigación están centradas en varias áreas. Por exemplo, na endocrinoloxía, estamos moi pendentes do problema da obesidade infantil, que pode ser un factor para dificultar esa suma de vida aos anos da que falaba. No estudo da inflamación, por exemplo, estudamos o papel deste fenómeno en doenzas cardíacas como a ateroesclerose, ou, por outra banda, a artrite ou a artrose. Outra área fundamental é a neurociencia, con especial atención ás demencias, que constitúen un problema crecente que hai que acabar de enfocar, xa que os tratamentos que temos por agora non son moi eficaces.
En relación a isto, hai que prestar atención a medicina personalizada, a área da xenética asociada á medicina. Xa dicían científicos no século XVIII que non existían só as enfermidades, senón tamén os enfermos. Hoxe sabemos que hai factores que inflúen en que unha mesma doenza se manifeste de forma distinta nunha ou noutra persoa. Os medicamentos van sendo máis efectivos e potentes pero, ao tempo, vemos que igual dúas persoas poden precisar dous tratamentos distintos. E niso estamos afondando.
Por último está algo esencial agora, e nos vindeiros meses: as vacinas, fundamentalmente nos nenos. É un dos maiores avances da historia da medicina, e púxose de moda cuestionalo e sementar dúbidas arredor delas. Temos ao instituto bastante ben posicionado no desenvolvemento de vacinas, e cremos que é moi importante manternos neste camiño.
Dice el Dr Castillo que “O da investigación non é un traballo de funcionario, e por iso penso que precisamos unha estabilización por obxectivos, para que se vaian avaliando pouco a pouco”. Y eso lo dice, claro, desde su poltrona de funcionario que lleva disfrutando toda la vida. Curioso eso de no querer para los demás lo que sí se quiere para uno mismo. No entiendo por qué el de médico y docente sí es un trabajo de funcionario pero no el de científico.
El de funcionario es un perfil denostado y atacado desde muchos frentes y en este caso viene a contraponerse al de trabajar “por objetivos” siendo sometido a evaluación. Pero los científicos ya son evaluados por objetivos de manera constante a lo largo de toda su carrera. Un científico que no logra objetivos deja de obtener financiación (recordemos que la financiación la obtienen los científicos en convocatorias competitivas, no se les financia de partida), ni puede conseguir publicaciones en las que se describan sus avances, condenando su trayectoria al fracaso y siendo expulsado de una carrera sumamente competitiva. Un médico y docente sin embargo… saca su oposición y a vivir la vida y a ordenar sobre la de los demás.
La de funcionario es una posición pensada para garantizar independencia profesional frente al poder, para asegurarse una labor profesional que sirva al pueblo sin plegarse a los dictados de los políticos de turno. Precisamente en estos tiempos de COVID19 tenemos muchos ejemplos de lo que supone el intento de utilización interesada y partidista por parte de los políticos del trabajo de los científicos.
Lo que necesita un científico es estabilidad laboral, financiación adecuada, facilitar su trabajo sin obstaculizarlo con innecesaria burocracia. Y no directores que les ataquen, que presupongan conductas inapropiadas en los científicos y que quieran asegurarse un control denigrante de científicos subordinados obedientes a la voz de su amo.