O IDIS de Santiago renova a acreditación como instituto de investigación sanitaria

O Instituto de Saúde Carlos III volve conceder ao centro unha certificación que o sitúa "na primeira liña da ciencia biomédica en Galicia e España"

O Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) renova por cinco anos o seu recoñecemento, acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III, o segundo proceso de reacreditación que supera o centro, e que o sitúa “na primeira liña da ciencia biomédica en Galicia e España”, destaca o centro nun comunicado.

Desde este ano ata 2025, pensando xa na seguinte reacreditación, o IDIS segue marcándose metas. Segundo o seu director José Castillo, “poñémonos unha serie de obxectivos estratéxicos que pasan, fundamentalmente, por manter o incremento de todos dos nosos indicadores de actividade, estabilizar o talento dos nosos investigadores e do persoal técnico e estar máis preto da sociedade”.

Publicidade

Explica Castillo que a folla de ruta ten varias liñas mestras: “os nosos grupos de influencia e o conxunto da sociedade deben percibir a importancia do traballo de investigación e o noso papel de ligazón coa industria e coa medicina asistencial, ese é o camiño da excelencia”, recoñece Castillo. Ademais, o centro avogará por “facer máis efectiva a integración da área sanitaria de Lugo, con máis infraestruturas e colaboracións con centros de referencia e incrementar espazos para favorecer o desenvolvemento de proxectos, son outros dos retos que tamén se marca o IDIS”.

Balance positivo do exercicio 2019

Este mércores tamén se daban a coñecer os datos máis significativos do exercicio 2019 aprobando a súa Memoria Anual de Actividade. Os indicadores, con incrementos en todas as súas áreas, desvelan un aumento dos fondos captados do 10% respecto ao ano anterior, cun total de 32.208.340 euros. Destacan os 92 proxectos activos (57 nacionais, 15 internacionais e 20 rexionais) e un incremento superior ao 50% (56,3%) de fondos destinados ao desenvolvemento destes programas.

Publicidade

No capítulo de Recursos Humanos, o pasado exercicio permitía a contratación de 65 persoas. Súmanse así aos 1.280 profesionais que conforman o Instituto (209 máis que o ano anterior), integrados en 94 grupos organizados en 6 áreas de investigación: oncoloxía, xenética e bioloxía de sistemas, endocrinoloxía, neurociencias, plataformas e metodoloxía e inflamación. A produción científica viuse notablemente incrementada, con 839 artigos publicados en preto de 500 revistas de prestixio internacional e a defensa de 64 tese ao amparo do IDIS.

A transferencia á sociedade a través da industria tivo tamén un resultado positivo con 44 patentes solicitadas e 7 xa concedidas; e 5 empresas spin- off creadas no seo do Instituto.

Cooperación institucional

Tanto o anuncio da reacreditación como a presentación da memoria fixéronse públicas nun acto presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o reitor da USC, Antonio López. Neste sentido, os presentes apuntaron tamén á reactivación do acordo entre a Consellería de Sanidade e Sergas e a USC para regular o funcionamento do IDIS en réxime de colaboración, reforzando os vínculos entre ambos os organismos

Na reunión do mércores tamén se abriu paso ao acordo que regulará a dependencia funcional do IDIS, a partes iguais, do departamento autonómico e a USC. O vínculo, expón o centro compostelán, “pon de manifesto as sinerxías entre ambas as entidades e a aposta conxunta pola investigación sanitaria e o liderado de institutos como o IDIS que contribúen a crear marca Galicia e a proxectala a gran escala”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional