Investigadoras do CSIC proban unha terapia ultrasónica contra o cancro de páncreas

O estudo abre a porta ao desenvolvemento de novos tratamentos non invasivos para tumores sen danos colaterais para os pacientes

Un estudo liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) mostrou a efectividade da terapia con ultrasón na inhibición de células tumorais en casos de cancro de páncreas. O estudo, publicado en Frontiers in Cell and Developmental Biology, abre a porta ao desenvolvemento de novos tratamentos non invasivos baseados en tecnoloxía ultrasónica para paralizar o crecemento de tumores sólidos.

O crecemento dos tumores sólidos vai acompañado de procesos de proliferación e migración das células tumorais. As terapias actuais que inclúen radiación ionizante destrúen células malignas e sas. “A nosa investigación expón por primeira vez a posibilidade de desenvolver unha nova terapia baseada exclusivamente na tecnoloxía ultrasónica, non ionizante, que supoñería un tratamento non invasivo, de baixo custo, de fácil aplicación e sen danos colaterais para os pacientes”, explica Iciar González, investigadora do CSIC no Instituto de Tecnoloxías Físicas e da Información “Leonardo Torres Quevedo” (ITEFI).

Publicidade

Probas in vivo

Os investigadores desenvolveron a investigación sobre mostras in vitro de cancro de páncreas. “Aplicamos unha dose de tan só 20 minutos de ultrasóns de baixa intensidade sobre mostras de células de cancro de páncreas PANC-1 e conseguimos parar o avance colectivo e individual das células en monocapa durante, polo menos, dous días”, indica a investigadora. 

“A aplicación de ondas ultrasónicas en determinadas condicións acústicas durante 15 ou 20 minutos inhibe a capacidade de movemento celular durante longos períodos de tempo, de máis de 48 horas ou mesmo ata tres días despois do tratamento. Ademais, observamos tamén certa inhibición nos procesos de proliferación celular que, na actualidade, analizamos noutros experimentos nos nosos laboratorios”, engade.

O próximo paso para demostrar a eficacia e idoneidade desta terapia serán as probas in vivo con ratos. O obxectivo é probar con ratos con diferentes tipos de tumores os bos resultados conseguidos in vitro. Os experimentos in vivo con ratos realizaranse en colaboración con investigadores da Universidade de Harvard, a Universidade do País Vasco e o Instituto Ramón e Cajal de Investigación Sanitaria grazas ao uso de pequeno dispositivo ultrasónico axustable a cada animal.


Referencia: Low-intensity continuous ultrasound to inhibit cancer cell migration (Publicado en Frontiers in Cell and Developmental Biology)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa do ministerio contabiliza ata 5.400 verteduras legais nas augas galegas

Nas demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa e Miño-Sil hai 4.088 puntos de orixe urbana e 1.304 que proveñen da industria

Unha proteína antibacteriana, nova diana terapéutica contra o cancro de páncreas

Unha investigación liderada polo CSIC describe como as células nai do tumor se aproveitan de PGLYRP1 para evadir o sistema inmune

Descuberto un planeta xigante tan lixeiro como o algodón de azucre

O novo astro é un 50% máis grande que Xúpiter, pero con unha densidade aproximada á décima parte da do xigante gasoso

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo