As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH

O aumento das infeccións de transmisión sexual (ITS) entre a mocidade preocupa, e moito, á comunidade científica. Así se manifestou este luns no XIV Congreso Nacional GeSIDA na Coruña, onde investigadores e profesionais da saúde se dan cita para compartir coñecementos e establecer novas colaboracións no ámbito da loita contra o sida. No encontro expuxéronse datos dun estudo realizado en nove hospitais de distintas comunidades entre 2018 e 2022. Os resultados demostran un aumento do 37% dos casos en menores de 18 anos, e case o 4% do total das diagnoses detectáronse en menores de 15. As infeccións máis recorrentes nestas idades son o VIH e o virus do papiloma humano (VPH).

O 33% das persoas diagnosticadas con enfermidades de transmisión sexual teñen entre 15 e 17 anos, e case o 63% son adolescentes de 18 e 19 anos. A investigación apunta que o 53% dos casos corresponden a homes, e en canto á orientación sexual, o 40% diagnosticáronse en adolescentes heterosexuais; o 20% en adolescentes gais e lesbianas; e un 3% en adolescentes bisexuais. O 81% dos casos de VIH detectados foron entre adolescentes homosexuais e o 17% tivo polo menos unha coinfección. Entre os varóns, os contaxios máis frecuentes son de VIH, sífilis e gonorrea, e entre as mulleres, o virus do papiloma humano e a bacteria da clamidia.

Publicidade

O Congreso celébrase entre o 26 e o 29 de novembro co gallo do Día Mundial do Sida o próximo 1 de decembro. A presidenta de GeSIDA, Rosario Palacios, destacou a acollida do encontro. Nestas xornadas os expertos abordarán os avances e retos na loita contra o VIH, como os novos tratamentos antiinflamatorios para reducir a comorbilidade dos pacientes. Tamén, os científicos apuntaron a necesidade de seguir combatendo o estigma de contraer esta enfermidade, así como reforzar a formación do personal sanitario na atención de adolescentes con sospeitas de ITS.

Cribados

Os investigadores reivindicaron os cribados para detectar de maneira precoz as infeccións, mais apuntaron que é algo que se realiza de maneira minoritaria entre a poboación. Entre as causas dos contaxios destacan a redución do uso de preservativo e a perda de sensación de risco de contraer infeccións. O desenvolvemento de medidas para mellorar a calidade de vida e o envellecemento dos pacientes con VIH foron un dos retos actuais que se debateron no congreso. Palacio apuntou que este é un momento “moi bo” en canto a tratamentos e que a comunidade científica segue “avanzando para ter estratexias máis cómodas de administración”.

Publicidade

A copresidenta do XIV Congreso Nacional GeSIDA, Mayte Coiras, reparou na necesidade de concierciar á poboación. “Houbo un aumento en sífilis, gonorrea, clamidia, herpes, de todas as outras enfermidades de transmisión sexual”. Engadiu ademais a necesidade de aumentar o investimento para as enfermidades infecciosas, alegando que España é o único país da Unión Europea que non posúe unha especialidade neste ámbito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

O mapa dos novos Soletes da Coruña: 17 locais imprescindibles recomendados por famosos

Javier Gutiérrez, Sara Escudero, Tamar Novas e o grupo musical Sanguijuelas del Guadiana recomendan establecementos en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo