A apertura dunha sintonía de Beethoven remove o corazón, pero non só en sentido fugurado. Ademais de emocionarnos, a música estimula fisicamente o noso órgano central e pode reducir a presión arterial.
Na Unión Europea (UE), máis de unha de cada cinco persoas maiores de 15 anos declarou ter hipertensión, que pode provocar insuficiencias cardíacas, renais e cerebrais. Baixar a presión arterial, aínda que sexa lixeiramente, pode reducir o risco de padecer enfermidades cardiovasculares.
Melodías sentidas
Dende o Laboratorio de Ciencia e Tecnoloxía da Música e o Son de París ata o King’s College de Londres, a profesora Elaine Chew está desenvolvendo unha aplicación para teléfonos móbiles destinada a mellorar a saúde do corazón. O proxecto está financiado pola UE e denomínase Heart.fm.
Chew, catedrática de Enxeñaría do King’s College de Londres e colaboradora do Hospital St. Bartholomew explica: “Estamos creando unha aplicación que controlará a resposta das persoas cando escoiten música e adaptaráa ás súas necesidades”.
A aplicación usa medicións do corazón da persoa e intelixencia artificial para crear un réxime de escoita que regule a presión arterial.
Heart.fm pode axudar á xente de hoxe en día pero hai outro proxecto, tamén financiado pola UE, que examina a evolución da percepción e uso da música en Europa ao longo dos gromos de enfermidades nos últimos catro séculos. O seu nome é Going Viral.
Segundo a profesora Marie Louise Herzfeld-Schild, musicóloga da Universidade de Música e Artes Escénicas de Viena e directora do proxecto, no século XVII moitos europeos pensaban que a música podía deter ou incluso previr un gromo de peste.
Os dous proxectos mostran a influencia da música nas emocións humanas a través dos tempos e como o seu poder emocional se aproveita agora a través da tecnoloxía moderna.
Perspectiva persoal
Chew ten unha conexión persoal con Heart.fm. Sufriu un latexo irregular do corazón que foi tratado con éxito. A experiencia fixo que a investigadora tomara conciencia da súa propia saúde cardíaca e a dos demais. “A medicina permitiume ter unha calidade de vida moito mellor e levoume a reflexionar sobre a finalidade do que fago”, afirma.
Chew, pianista a nivel profesional, leva dende 2018 estudando como responde o corazón das persoas á música, empenzando polos pacientes que levan marcapasos. Este aparello emprégase para tratar algúns ritmos anormais, denominados arritmias, que poden facer que o corazón lata demasiado lento, demasiado rápido ou de forma irregular. O marcapasos permite que o corazón do paciente lata con regularidade enviándolle impulsos eléctricos.
Chew e os seus colegas do Hospital St. Bartholomew descubriron unha boa noticia: o tempo de recuperación entre latexos do corazón das persoas con marcapasos podía modularse con música. En xeral, os tempos de recuperación máis rápidos indican estrés, mentres que os máis longos indican relaxación e calma.
“Estamos creando unha aplicación que controlará a resposta das persoas cando escoiten música e adaptaráa ás súas necesidades”
ELAINE CHEW, directora de Heart.fm
Chew baséase nos resultados do seu traballo con pacientes con marcapasos para desenvolver a aplicación Heart.fm para un grupo moito máis amplo de persoas. “A xente desfruta da música como un pasatempo pracenteiro; a diferenza é que aquí controlamos como responde o corpo”, explica.
O obxectivo de Heart.fm é rexistrar as respostas cardiovasculares das persoas que escoitan música. Chew adoita conectar aos estudantes ao dispositivo de probas e logo envíalles os datos da aplicación para que poidan ver a súa propia resposta fisiolóxica á música.
A aplicación en desenvolvemento permitiría aos usuarios descargala nun móbil para seguir as respostas rítmicas do seu corazón á música e guialos por un camiño terapéutico para baixar a presión arterial. O plan é que a aplicación estea dispoñible en todo o mundo para a súa descarga.
Intercambiando impresións
No marco de Going Viral, financiado polo Consello Europeo de Investigación, Herzfeld-Schild interésase polo que os europeos de épocas pasadas sentían pola música.
O seu proxecto investiga e compara as experiencias emocionais que a xente tivo coa música durante tres épocas de gromos de enfermidades en Viena: a peste de 1679 e 1713, o cólera de 1831 e a gripe en 1918 e 1919. Herzfeld-Schild pensa que as experiencias emocionais difiren segundo os períodos da historia.
“A forma na que nos desenvolvemos emocionalmente no mundo está ligada á nosa educación e ao que aprendemos del”, explica. E engade: “Isto cambia a nosa forma de sentir a música.
“As experiencias emocionais da música foron diferentes segundo o tempo e o lugar”
MARIE LOUISE HERZFELD-SCHILD, directora de Going Viral
Durante os gromos de peste, os habitantes de Europa occidental adoitaban culpar os planetas e pensaban que a música podía influír neles e, como resultado, acabar ou afastar a peste. Ao mesmo tempo, tamén existía a crenza de que os obxectos contaminados podían enfermar. Existen rexistros de persoas que queimaban instrumentos e partituras.
“Naquel contexto, a música era perigosa”, afirma Herzfeld-Schild. “A relixión era moi importante, así que a xente entendía a peste como un castigo de Deus”, continúa. Tamén se culpaba aos xudeus e aos estranxeiros do oeste.
Escapadas musicais
Durante o século XVIII, a percepción da música en Europa volveu evolucionar e converteuse nunha fonte de felicidade auditiva.
“A idea dun tipo universal de música verdadeira e de que a música é boa para todos comeza no XVIII”, di Herzfeld-Schild. Ademais, a finais deste século xorde a idea de que a música é unha especie de experiencia relixiosa, como unha revelación, ou un escape a esta vida de sombras”, engade.
Na época o gromo de cólera do século XIX, as prácticas médicas e a actitude popular cara á música cambiaran. Unha vez que a xente se deu conta de que a enfermidade tiña a súa orixe na auga sucia, organizáronse bailes benéficos en Viena para as vítimas de cólera, nos que incluso se interpretou música nova do compositor Johann Strauss.
O último gromo que Herzfeld-Schild investiga é a gripe española, que comezou en 1918. Chegou cando algunhas persoas podían comprar as primeiras versións de gramófonos e escoitar música nas súas propias casas.
“Realmente descoñécese como se percibía emocionalmente a música neste época de enfermidades”
MARIE LOUISE HERZFELD-SCHILD, directora de Going Viral
Foi unha época complicada para Austria porque o primeiro gromo de gripe coincidiu co final da Primeira Guerra Mundial, o colapso da monarquía e a desaparición do Imperio dos Habsburgo. “Realmente descoñécese como se percibía emocionalmente a música neste época de enfermidades”, di Herzfeld-Schild.
Durante a pandemia de covid-19 que comezou en 2020 observouse que a xente parecía supoñer unha experiencia compartida con quen se enfrontaron a gromos de enfermidades en épocas anteriores. Pero esta suposición pareceulle errada e Herzfeld-Schild, baseándose no seu estudo da historia da música, a medicina e as emocións durante máis dunha década.
“Por todo o que sei agora mesmo, as experiencias emocionais da música durante as pandemias foron diferentes en todas as épocas e lugares. Estou segura de que no pasado foi moi diferente para a xente”, conclúe.
A investigación descrita neste artigo financiouse con fondos da UE. Artigo publicado orixinalmente en Horizon, a revista de Investigación e Innovación da Unión Europea.