Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

Que o Observatorio da Dieta Atlántica I+D+i sexa unha realidade está cada vez máis preto. Así se puxo de manifesto no primeiro taller de cooperación transfronteiriza España-Portugal de promoción da Dieta Atlántica que se celebrou este martes en Santiago de Compostela no marco da proposta de proxecto DIETAT, que está encabezado pola Xunta de Galicia.

A través deste proxecto búscase promover a Dieta Atlántica e os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, en liña coa creación de novos mercados e oportunidades de acceso ao emprego. Para iso, ademais da creación do Observatorio da Dieta Atlántica contémplase tamén o establecemento dun selo de calidade para os produtos que a integran e a promoción de hábitos saudables, o turismo gastronómico e cultural.

Publicidade

A proposta de proxecto DIETAT está liderada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), e participan como beneficiarios a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Fundación Finnova e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) por parte de España, e a Comunidade Intermunicipal de Alto Minho, Associação Empresarial de Portugal (AEP), Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) e a Universidade de Tras-os-Montes, por Portugal. Ademais, colaboran como socios sen financiamento a Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a Universidade de Vigo, a Fundación Dieta Atlántica, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Estratexias de traballo e oportunidades de financiamento

O primeiro taller de cooperación transfronteiriza España-Portugal de promoción da Dieta Atlántica reuniu nesta xornada de traballo a un grupo de entidades expertas na materia para definir estratexias a longo prazo no marco do Observatorio da Dieta Atlántica. Así mesmo, abordaron a análise de distintas oportunidades de financiamento europeo para impulsar as accións derivadas de dito Observatorio.

Publicidade

Fixérono de man do presidente de AGACAL, José Luis Cabarcos; a presidenta do Comité Científico da Fundación Dieta Atlántica, Rosaura Leis, o catedrático de Nutrición Humana e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alberto Cepeda, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

Acompañados pola profesora coordinadora da Escola Superior de Tecnologia e Gestão, Manuela Vaz Velho; o director xeral de Fundación Finnova, Juanma Revuelta; a profesora titular do Departamento de Química Analítica Nutrición e Bromatoloxía da USC, Beatriz Vázquez Belda; o catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, Antonio Rigueiro Rodríguez, o técnico de proxectos de Fundación Finnova, Agustín Quesada López, e a coordinadora de proxectos da Associação Empresarial de Portugal (AEP), Branca Pereira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla