Un galego no MIT estuda o veleno de avespa contra as superbacterias

César de la Fuente-Núñez é un científico coruñés que traballa no prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e que hoxe é noticia mundial pola súa investigación para converter o veleno de avespa nun potente antibiótico contra as superbacterias, resistentes aos fármacos convencionais.

Porque o veleno das avespas non só é perigoso para os humanos. Tamén pode eliminar as bacterias, e os científicos veñen de descubrir como reter a parte que mata as bacterias ao tempo que eliminan a molesta parte “perigosa para os humanos”. O resultado? Un novo antibiótico potencial baseado nun péptido no veleno da avispa que mata as bacterias sen danar as células humanas.

Publicidade

César de la Fuente-Núñez.

“Reutilizamos unha molécula tóxica que é viable para tratar infeccións”, explica o microbiólogo e inmunólogo galego César de la Fuente-Núñez. “Ao analizar sistematicamente a estrutura e función destes péptidos, puidemos axustar as súas propiedades e actividade”

Todas as clases de vida no planeta producen péptidos antimicrobianos , unha cadea curta de aminoácidos que destrúe os microbios ao interromper as súas membranas celulares, como parte da súa defensa contra a infección.

Publicidade

Unha forma potencial de combater estas “superbacterias”, resistentes aos antibióticos convencionais, é desenvolver unha nova clase de antibióticos aos que as bacterias non teñan resistencia. Por esta razón, os científicos están a traballar para tratar de adaptar os péptidos antimicrobianos aos antibióticos. Pero é un traballo complicado.

O equipo de investigación descubriu un obxectivo potencial nun péptido en particular, atopado no veleno dunha avispa suramericana chamada (a mesma avespa cuxo veleno estaba a ser investigado como un tratamento contra o cancro hai uns anos), e que consiste en só 12 aminoácidos. “É un péptido o dabondo pequeno como para tratar de mutar tantos residuos de aminoácidos como sexa posible para tratar de pescudar como cada bloque de construción está a contribuír á actividade antimicrobiana e a toxicidade”, di De la Fuente-Nuñez, que conta cunha bolsa da Fundación Ramón Areces.

Primeiro, o equipo desenvolveu unhas poucas ducias de variantes do péptido e probounas contra 7 especies de bacterias e 2 fungos para probar que tan ben interactuaban coas membranas celulares. Sobre esta base, os investigadores puideron determinar que estruturas e propiedades fisicoquímicas dos péptidos eran as máis eficaces contra os microbios, e refinalos en consecuencia. Os péptidos refinados probáronse para determinar a toxicidade para os seres humanos en células renais embrionarias humanas cultivadas en laboratorio. Deste xeito, o equipo estableceu un nivel de dose segura para os humanos.

Finalmente, os péptidos estaban listos para ser probados en animais vivos: ratos. Estes infectáronse cunha bacteria resistente aos antibióticos chamada Pseudomonas aeruginosa, que é particularmente perigosa para os pacientes con sistemas inmunolóxicos comprometidos. O equipo probou varios dos péptidos máis prometedores, con diferentes graos de éxito. Varios deles, de feito, reduciron o nivel de infección. Pero un realmente destacou: a unha dose alta, erradicou completamente a P. aeruginosa.

“Despois de catro días, ese composto pode eliminar por completo a infección, e iso foi bastante sorprendente e emocionante porque non vemos tipicamente iso con outros antimicrobianos experimentais ou outros antibióticos que probamos no pasado con este modelo de rato en particular”, dixo o investigador galego no MIT.

A investigación necesita máis traballo: os investigadores están a tratar de pescudar se poden conservar a súa eficacia a doses máis baixas (máis seguras).

A investigación foi publicada na revista, do grupo Nature, Communications Biology.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do picapeixe á cegoña branca: as aves (galegas) que poderían aparecer nos próximos billetes de euro

As seis especies escollidas polo Banco Central Europeo teñen presenza, habitual ou ocasional, no territorio, dende as montañas do interior ata o litoral

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada