Fusco, Marrón e Venus, tres cans terapeutas para o autismo

Un palleiro, un labrador e un can de auga. Fusco, Marrón e Venus son os novos terapeutas do hospital Teresa Herrera da Coruña. E os nenos con trastornos do espectro autista serán os seus pacientes.

O obxectivo fundamental deste proxecto pioneiro, é coñecer se a introdución de animais de terapia (cans) na sala de espera da Unidade de Rehabilitación Infantil e Atención Temperá, inflúe positivamente nas relacións sociais, comunicativas e afectivas dos nenos participantes.

Publicidade

Para levar a cabo todo o proxecto, vai realizarse un estudo de investigación con nenos menores de 6 anos, principalmente con patoloxías do espectro autista ou con dano cerebral, que acoden con regularidade á Unidade de Rehabilitación Infantil e Atención Temperá do hospital Teresa Herrera da Coruña.

Os cans farán 100 sesións con nenos con dano cerebral ou espectro autista

O estudo terá unha duración inicial dun ano e constará con aproximadamente 100 sesións de intervención, durante dous días semanais de dúas horas de duración cada unha. “Trátase dunha actividade voluntaria, que non pretende substituír en ningún momento ás intervencións médicas ás que acode o neno, senón que se contemplan como actividades complementarias nos períodos de espera”, explican na Fundación María José Jove, unha das impulsoras desta iniciativa.

Publicidade

Fusco (raza can de palleiro), Marrón (raza labrador retriever) e Venus (raza can de auga), serán os tres cans cos que se traballará no hospital. Trátase de tres cans que foron adestrados como cans de terapia e asistencia, tendo unha ampla experiencia na terapia e superaron unha rigorosa avaliación dos criterios sanitarios, hixiénicos e de obediencia. Os cans estarán sempre acompañados dos seus adestradores caninos, titulados segundo a normativa oficial. Este proxecto foi aprobado polo Comité de Ética de Investigación da Coruña-Ferrol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego revela que a camuflaxe dos trazos autistas aumenta o estrés

A investigación do CiMUS da USC e do IDIS incorpora por primeira vez biomarcadores para avaliar o impacto fisiolóxico, utilizando a concentración de cortisol no cabelo como indicador obxectivo

Ter can durante a adolescencia favorece a saúde mental e a empatía

Un equipo do Xapón relaciona o efecto emocional con cambios no microbioma, que inflúen no comportamento e nas interaccións sociais

Da Lanzada a Barreiros: levar o teu can á praia pon en serio perigo as aves acuáticas

Un estudo da USC revela que o 98% das perturbacións ás especies costeiras foron provocadas por animais domésticos soltos

Luz Couce, directora do IDIS: “Se hai indicación, a embarazada ten que tomar paracetamol”

A comunidade científica insiste en que, baixo indicación clínica e con dose controlada, o fármaco é unha opción fiable para aliviar a dor en futuras nais