A nebulosa Tarántula

Créditos da imaxe e copyright: Procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari Datos – Hubble Tarantula Treasury, European Southern Observatory
Créditos da imaxe e copyright: Procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari
Datos – Hubble Tarantula Treasury, European Southern Observatory

Explicación: a nebulosa Tarántula, una rexión de formación estelar xigante no interior da achegada galaxia satélite a Gran Nube de Magallanes a uns 180 milleiros de anos luz de distancia, ten máis de un milleiro de anos luz de diámetro. O arácnido cósmico, a rexión de formación estelar máis grande e violenta coñecida en todo o Grupo Local de galaxias, espállase por esta espectacular composición construída con datos de imaxes de telescopios espaciais e terrestres. Dentro da Tarántula (NGC 2070), a radiación intensa, os ventos estelares e as sacudidas das supernovas desde as estrelas masivas do cúmulo central novo, catalogado coma R136, alimentan o brillo nebular e moldean os filamentos de arañeira. Ao redor da Tarántula hai outras rexións de formación estelar con cúmulos de estrelas novas que inchan nubes con forma de burbulla. De feito, o recadro inclúe o lugar da supernova máis achegada da época moderna, SN 1987A, na parte inferior dereita. O rico campo de visión abarca máis ou menos 1 grao ou 2 lúas cheas, na meridional constelación Dorado. Pero se a nebulosa Tarántula estivera máis preto, digamos os 1.500 anos luz de distancia como a rexión local de formación estelar danebulosa de Orión, ocuparía a metade do ceo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo