Unha tese desvela os efectos do amianto nos traballadores do naval de Ferrol

“Existe unha elevada prevalencia de enfermidades relacionadas co asbesto entre os traballadores dos estaleiros de Ferrol”. Esta é a principal conclusión da tese doutoral presentada en decembro de 2015 por Carmen Diego Roza, da Universidade da Coruña. O uso de amianto na construción naval expuxo aos traballadores a graves riscos para a súa saúde, que se traducen en doenzas como asbestose, disnea, carcinomas broncoxénicos e mesoteliomas.

Diego Roza analizou 681 casos de traballadores que, entre 2002 e 2009, pasaron pola súa consulta na unidade específica de asbestose do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. E conclúe que o amianto, usado como illante na construción dos barcos, afectou gravemente á saúde dos obreiros do naval.

Publicidade

Welding

O estudo revela que algúns traballadores viviron a exposición ao amianto durante máis de vinte anos, o tempo crítico en que as doenzas son aínda máis graves. A partir de dez anos, aparecen tamén complicacións pulmonares importantes.

O amianto deixou de usarse nos estaleiros en 1987, cando xa en todo o mundo había evidencias científicas de que provocaba asbestose e se relacionaba tamén con cancro de pulmón. Con todo, seguiu a ser empregado na industria das reparacións navais. No ano 2002, o amianto foi definitivamente prohibido en España.

Publicidade

Na tese doutoral, foron analizados 681 traballadores, cunha idade media de 65 anos., un tempo medio de exposición de 20 anos, e un tempo medio de latencia de 41 anos. Para determinar a influenza do tabaquismo no estudo, a investigación de terminou que un 72,3% tiñan hábito tabáquico, unha media de 24,89 cigarrillos por día. Mentres que o 30,3% tiñan algún antecedente neumolóxico.

En Ferrol, había unha alta prevalencia de doenzas pulmonares

“O síntoma máis frecuente foi a disnea (53,74%). O 70,7% presentaron algunha alteración radiolóxica sendo a máis frecuente a pleural. Diagnosticáronse 34 casos de asbestose, 13 carcinomas broncoxénicos e 3 mesoteliomas“, resume a autora da tese. A doutora Diego Roza recomenda acudir ao seu médico de cabeceira á calquera persoa que crea que puido traballar exposta ao amianto.

En Ferrol, dáse un número inusitadamente alto de cancro de pulmón e de doenzas pulmonares, algo que ata agora non atopaba unha xustificación científica. A tese da Universidade da Coruña sinala unha posible causa: o amianto na construción naval.

Podes consultar a tese doutoral
neste enlace da Universidade da Coruña

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A epidemia mortal do amianto

Un elemento tan resistente como perigoso, que foi amplamente utilizado no mundo durante o século XX, e hoxe persiste nalgunhas rexións