Un fármaco prometedor para evitar infeccións hospitalarias

Un equipo catalán recibe a autorización da Axencia Española do Medicamento para iniciar os ensaios clínicos cun medicamento de nova xeración

Investigadores do Hospital Universitario de Bellvitge (HUB) e o Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (IDIBELL) descubriron que un novo fármaco permite eliminar os anticorpos que se unen ás bacterias que causan infeccións hospitalarias e fainos resistentes á destrución do sistema inmunitario. Así se evita que causen enfermidades, tal e como se presentou na revista Frontiers in Immunology.

RemAb Therapeutics, spin-off do IDIBELL, recibiu xa a autorización da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS) para iniciar os ensaios clínicos co fármaco que pertence a unha nova xeración de medicamentos que permiten por primeira vez suprimir anticorpos concretos dentro do corpo humano.

Publicidade

O fármaco permite por primeira vez suprimir anticorpos concretos dentro do corpo humano

Para destruír aos axentes infecciosos, o sistema inmunitario crea anticorpos “específicos” contra os antíxenos que os patóxenos expresan. No momento da infección, eses anticorpos só están presentes se se recibiu unha vacinación previa contra o axente infeccioso.

Antes de que se produzan os anticorpos “específicos”, aos patóxenos pódenselles unir anticorpos que están presentes no individuo de forma natural (por exemplo, os dos grupos sanguíneos), ou que previamente se produciron contra outros axentes infecciosos.

Publicidade

Capacidade destrutiva

O problema é que a maioría destes anticorpos “non específicos” non teñen capacidade destrutiva fronte ao novo patóxeno. Pola contra, en moitas ocasións estes anticorpos “non específicos” poden crear un escudo que evita a actuación do sistema inmunitario e a supervivencia dos axentes infecciosos, a pesar da produción de anticorpos “específicos” contra estes.

As bacterias gram negativas son as máximos responsables das infeccións que se adquiren dentro dos hospitais, particularmente na UCI, son moi resistentes aos antibióticos, e non dispoñemos de vacinas para previlas. O desenvolvemento de novos tratamentos contra estas bacterias é un obxectivo prioritario para a saúde pública, como indicaron a Organización Mundial da Saúde (OMS), o Centro para o Control de Enfermidades de Estados Unidos (CDC) e a Comisión Europea.

“É a primeira vez que se demostrou que se pode xerar inmunidade contra as infeccións eliminando anticorpos existentes, sen producir outros novos como fan as vacinas”

RAFAEL MAÑEZ, xefe do Medicina Intensiva do HUB

“É a primeira vez que se demostrou que se pode xerar inmunidade contra as infeccións eliminando anticorpos existentes, sen necesidade de producir outros novos como fan as vacinas, o que pode ser de gran axuda para previr infeccións para as que non existen estas últimas, como son as que se adquiren nos hospitais”, apunta Rafael Mañez, xefe do Servizo de Medicina Intensiva do HUB e de grupo de investigación do IDIBELL.

Plataforma de conxugados poliméricos

RemAb Therapeutics deseñou unha plataforma de conxugados poliméricos mediante a tecnoloxía Hartful Antibody Removal Technology (HART) a partir da cal se xeraron fármacos que por primeira vez permiten a eliminación de anticorpos concretos dentro do corpo humano

O primeiro fármaco desenvolvido por RemAb Therapeutics é o RA0127 que elimina os anticorpos “non específicos” que facilitan as infeccións causadas polas bacterias gram negativas. Tras confirmar a eficacia e seguridade do novo fármaco en distintas investigacións preclínicas, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) autorizou a iniciación dos ensaios clínicos co novo fármaco.

O fármaco é un first-in-class-drug que utiliza un mecanismo de acción novo e único para previr infeccións que se adquiren no hospital.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’