Este mapa interactivo predí o risco de contaxio ao asistir a un evento

O Instituto Tecnolóxico de Xeorxia deseñou esta ferramenta, que inclúe predicións sobre Europa, con datos tamén das catro provincias galegas

Que probabilidades teño de me contaxiar se asisto a un determinado evento? É a resposta que tenta dar o novo mapa interactivo deseñado por investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia. A ferramenta en liña utiliza datos actualizados diariamente para estimar a posibilidade de que unha ou máis persoas nun evento sexan positivas para Covid-19. E, aínda que funciona mellor para os Estados Unidos, onde achega datos precisos para cada condado, ten tamén unha aplicación para Europa, onde deseñaron o mapa cos datos locais estatísticos da pandemia.

A ferramenta cuatifica e visualiza o risco esperado para reunións de diferentes tamaños: desde unha cea de 10 persoas, unha celebración de voda con 100 invitados, ata un xogo deportivo con 100.000 espectadores. Tamén se ampliou recentemente para estimar o risco en varios países europeos, como Italia, Suíza e o Reino Unido. España aparece cun detalle por cada provincia, incluíndo as catro de Galicia.

Publicidade

“A medida que os casos comezaron a aumentar aquí [nos Estados Unidos] e as escolas e as empresas están a reabrir, a xente está a facerse preguntas difíciles”, dixo o biólogo cuantitativo Joshua Weitz, autor principal dun novo artigo sobre a ferramenta . “Podo enviar ao meu fillo a clases particulares? Podo ir con seguridade a un bar ou un restaurante? Responder esas preguntas é o núcleo do que estamos a tratar de facer”, explicou o científico.

Unha imaxe do mapa interactivo coas predicións para os Estados Unidos.

A maioría dos demais mapas e paneis interactivos, como este de a Organización Mundial da Saúde (OMS), mostran números de casos e mortes por Covid-19; pola contra, esta ferramenta vincula datos sobre casos documentados con avaliacións de risco por tamaño de evento. Ter esta información pode axudar ás persoas, aos responsables políticos e aos funcionarios de saúde a avaliar o risco diario na súa área e planificar en consecuencia.

Publicidade

Os resultados amósanse como un mapa de calor. Ao facer zoom no seu territorio local -no caso de Galicia cada unha das catro provincias– e alternar entre eventos de diferentes tamaños, podemos ver como aumenta o risco a medida que aumentan os números.

“Ao proporcionar unha ferramenta cuantitativa para transmitir o risco continuo da pandemia , esperamos complementar e reforzar os avisos de saúde pública locais”, dixeron os investigadores .

A ferramenta emprega, ademais dos datos oficiais, o conxunto de datos de acceso aberto do New York Times sobre casos de coronavirus. As estimacións de risco baséanse en cantas persoas se presentan nun evento e cantos casos se detectaron nesa área nos últimos dez días, pero non prevé o seu comportamento unha vez que chegan.

Os cientifícos do Instituto Tecnolóxico de Xeorxia insisten en que, á marxe de consultar aplicacións como esta, o importante ao asistir a un evento é que todos os presentes teñen a responsabilidade de usar unha máscara , practicar o distanciamento social e lavar as mans con regularidade. “Estas precaucións seguen sendo necesarias mesmo en eventos pequenos, dada a gran cantidade de casos en circulación”, escriben os investigadores.

Aquí podes consultar a investigación publicada no Nature Human Behavior e aquí podes acceder á ferramenta web interactiva (premendo en Estimacións de Risco Global)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía