España anuncia a compra de vacinas contra a varíola do mono

Galicia conta con tres casos sospeitosos mentres os do resto do país ascenden a 59

Os casos de varíola do mono, unha enfermidade endémica de África occidental e central, seguen a aumentar nunha vintena de países. España xa conta con 59 casos confirmados, segundo os últimos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade. Galicia, de momento, conta con tres sospeitosos. En atención á situación epidemiolóxica, a ministra Carolina Darias, anunciou onte que España adquirirá doses da vacina INVANEX, empregada contra a varíola, así como o fármaco Tecovirimat, un tratamento antiviral. O proceso de merca será conxunto e estará liderado pola Autoridade de Preparación e Resposta ante Emerxencias Sanitarias da Unión Europea (HERA).

Secuenciación do virus

As declaracións de Darias foron realizadas na rolda de prensa posterior á celebración do pleno extraordinario do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), onde estivo acompañada polo director do Instituto Nacional de Salud Carlos III (ISCIII), Cristóbal Belda. Este último confirmou que se logrou a secuenciación ao 100% do virus da varíola do mono. Isto permite confirmar que a variedade de casos coincide co clado África occidental, a máis leve das coñecidas.

Publicidade

Os casos coinciden co clado de África occidental, o máis leve dos coñecidos

Amais disto, Belda explicou que a secuenciación acadou unha cobertura do 100% dos 190.000 pares de bases do xenoma do virus; algo que abre a posibilidade de estudos filoxenéticos máis avanzados e que permitirán obter información adicional sobre o seu comportamento e comprender mellor a súa orixe, circulación e difusión. O director do ISCIII tamén indiciou que é a primeira vez en Europa que se logra realizar a secuenciación completa do virus en mostras procedentes de 23 pacientes.

Situación epidemiolóxica

En relación á situación epidemiolóxica, o ISCIII analizou mostras pertencentes a 100 casos. Deles, confirmáronse 59 casos positivos a orthopoxvirus e outros 41 casos deron negativo para varíola humana e para outros orthopoxvirus, por tanto, descártanse. Ningunha das persoas afectadas requiriu hospitalización e a enfermidade cursou de maneira leve en todos eles.

Publicidade

No que respecta á situación mundial, segundo os últimos datos ofrecidos polo Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC) xa hai 219 casos confirmados en todo o mundo, a maioría deles en homes novos. En canto á Unión Europea, o número total de casos ascende a 118.

“De ningunha maneira debemos vacinar a poboación xeral contra a varíola do mono”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alerta polo gromo de meninxite en Reino Unido: pode saltar ao resto de Europa?

O país anglosaxón notificou unha vintena de casos e dous falecementos. A investigación sitúa a orixe nunha discoteca da cidade de Canterbury

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

Confirmados os dous primeiros casos de peste porcina africana en España dende 1994

Os positivos foron detectados en xabarís achados mortos, o 26 de novembro, en Bellaterra (Barcelona) e notificados polos servizos veterinarios oficiais de Cataluña