Un ensaio probará a vacina antigripal de alta carga en galegos de 65 a 79 anos

A segunda fase do estudo clínico GalFlu está dirixido a 70.000 persoas e nel participan a Consellería de Sanidade e o IDIS

O ensaio clínico GalFlu estuda a eficacia da vacina de alta carga contra a gripe en 70.000 galegos de entre 65 e 79 anos. Agora iníciase a segunda fase desta investigación, segundo anunciou esta mañá o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. O estudo, no que Galicia é pioneira, estase a levar a cabo a través da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta en colaboración cun equipo do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) de Santiago. Este anuncio coincide co inicio da vacinación fronte á gripe e a covid nos grandes recintos.

O inicio do ensaio clínico deuse a coñecer nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na que tamén participaron o investigador principal do proxecto, Federico Martinón, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. Segundo explicaron, esta iniciativa quere analizar se a vacina antigripal de protección reforzada —que xa se está a aplicar a maiores de 80 anos— é igualmente beneficiosa en persoas de menor idade. En concreto, no grupo de 65 a 70 anos.

Publicidade

Deste xeito, as persoas dese rango que acudan a vacinarse nos grandes recintos habilitados en todas as áreas sanitarias poderán participar voluntariamente neste estudo. En total, a partir deste mércores chámase a participar a 450.000 galegos e galegas, os mesmos que o pasado ano, cando colaboraron preto de 60.000 cidadáns.

Datos do estudo

O científico Federico Martinón explicou os resultados acadados na primeira fase do ensaio e o desenvolvemento desta segunda fase. Así, apuntou que 59.490 cidadáns galegos de idades comprendidas entre 65 e 79 anos participaron na primeira fase do estudo, cuxo recrutamento se fixo entre o 26 de outubro e o 26 de novembro do pasado ano.

Publicidade

A taxa media de participantes diaria foi de 2.480 persoas, sendo a máxima taxa de participantes diaria de 4.136. Martinón detallou que as persoas que participaron na primeira fase do GalFlu presentaron taxas de ataque de infección por gripe máis baixas en comparación coa poboación non vacinada, sendo a positividade da gripe de 10,30% de media na cohorte de GalFlu, fronte a 14,6% en galegos de 65 a 79 anos non vacinados.

Esta menor taxa de ataque de gripe entre quen participa en GalFlu resalta non só o valor de participar no estudo senón, tamén, o impacto da vacinación contra a gripe a nivel de saúde pública, sinalou Martinón, quen remarcou que as vacinas da gripe salvan vidas. Respecto da segunda fase, dixo que están convidados a participar 450.000 galegos e galegas de entre 65 e 79 anos, sendo o obxectivo do recrutamento entre 57.000 e ata 70.000 persoas.

Porcentaxes de vacinación actuais

Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública, ofreceu as porcentaxes actuais de vacinación que, no que respecta á gripe no colectivo de persoas de 80 ou máis anos, é do 70%, e nos nenos e nenas menores de 5 anos sitúase no 35%. Polo que atinxe á covid, a vacinación está xa no 65% no grupo de 80 ou máis anos e, no virus respiratorio sincitial, a porcentaxe de vacinación é do 88%.

Carmen Durán animou a cidadanía a que se vacine, sobre todo a poboación máis vulnerable, posto que se agarda a gripe cunha sintomatoloxía “complicada”. Tamén referiu que na actualidade, a gripe en Galicia aínda está nun momento basal, sendo a porcentaxe de positividade moi baixa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

Por que o hantavirus esperta os medos da pandemia: “A covid deixounos unha memoria emocional”

Os psicólogos galegos Fernando Vázquez, Paula Marcos e Rosa Cerqueiro analizan como o cerebro atribúe riscos a escenarios actuais baseándose en experiencias pasadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional