Galicia detecta dous novos casos sospeitosos de varíola do mono

A comunidade segue sen confirmar persoas infectadas co virus, despois de que as tres primeiras deran negativo nas mostras enviadas a Madrid

A Consellería de Sanidade vén de informar da detección de dous novos casos sospeitosos de varíola do mono, despois de que os tres iniciais deran negativo nas mostras enviadas ao Instituto de Salud Carlos III de Madrid. Así é que, de momento, a comunidade autónoma non ten ningún caso confirmado.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, validou esta mañá a información nun acto celebrado en Santiago. “Había tres primeiros sospeitosos que apareceron e xa está confirmado que o resultado é negativo. Polo tanto, non se trataba de casos de varíola do mono”, apuntou.

Publicidade

“Agora hai outros dous que tamén son sospeitosos e están en período de análise e aínda sen confirmar nun sentido ou noutro”, continuou indicando Rueda. O presidente da Xunta insistiu que, de momento, non hai ningún caso confirmado en Galicia despois de descartar os tres primeiros, mentres que os dous casos sospeitosos actuais están agora mesmo en estudo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía