Venres 19 Abril 2024

A tuberculose en Galicia confirma a súa tendencia descendente

No Día Mundial da Tuberculose, a comunidade sinala que en 2020 se produciu un descenso do 80% con respecto a 1996, cando arrancou o programa de prevención

O Día Mundial da Tuberculose celébrase hoxe co obxectivo de seguir reducindo a incidencia desta enfermidade. A Organización Mundial da Saúde (OMS) segue a súa estratexia “Fin á tuberculose”, que pretende diminuír os casos nun 80% no ano 2030 con respecto aos de 2015. A meta principal é conseguir eliminar a doenza no ano 2050. En Galicia hai unha iniciativa, denominada Programa galego de prevención e control da tuberculose, que foi posta en marcha pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade a finais de 1994, e implantouse en toda Galicia a partir de 1996.

Tendencia descendente

Dende a posta en marcha do programa galego obsérvase unha tendencia descendente e progresiva da tuberculose na nosa comunidade, pasando dunha incidencia de 71,8 casos novos por 100.000 habitantes no ano 1996 a 14,5 no 2020, sendo a diminución por término medio anual do 6,4% —diagnosticáronse 1.963 casos novos no 1996 e 393 no 2020, o que supón un descenso do 80%—. Os datos provisionais do ano 2021 reflicten que se mantén esta tendencia decrecente, cunha incidencia de 13,1 casos novos por 100.000 habitantes.

Publicidade

Diagnosticáronse 1.963 casos novos no 1996 e 393 no 2020, o que supón un descenso do 80%

A incidencia da tuberculose bacilífera, a máis contaxiosa, descendeu, no mesmo período, de 27,9 a 3,9 casos por 100.000 habitantes, cun descenso relativo anual do 7,9%. Trátase dunha diminución moi notable posto que implica a eliminación das fontes de infección na comunidade. No referente á incidencia en crianzas menores de 5 anos, diminuíu de 58,9 a 3,3 casos por 100.000 habitantes cun descenso dun 11,3 % anual.

Así mesmo, alcanzáronse uns resultados moi satisfactorios dos tratamentos das tuberculoses pulmonares confirmadas —97,4%— e da tuberculose multirresistente —89%—, moi superiores aos obxectivos marcados pola Organización Mundial da Saúde —do 85% e 75% respectivamente—.

Máis datos da tuberculose en Galicia

O 55,6% dos casos recibiron un tratamento directamente supervisado. Constatouse a curación do 96,4% dos casos que iniciaron tratamento no ano 2019, ascendendo ao 97,5% nos casos bacilíferos. A maior parte dos casos presentáronse en homes —62,6%— e por grupo de idade, a incidencia máis alta foi nos maiores de 74 anos. O principal factor de risco asociado foi o tabaquismo  —23,9% dos casos —.

O principal factor de risco asociado foi o tabaquismo

O 89,2% de todas as cepas resultaron sensibles aos fármacos de primeira liña e o 1,3% —3 casos— eran multirresistentes. Aínda que os indicadores do funcionamento do programa galego de tuberculose son favorables, non se pode baixar a garda, polo que se debe manter a tuberculose como liña clave en Saúde Pública e potenciar as unidades de prevención e control desta enfermidade (UTB), reforzándoas no seu papel de unidades de referencia para o diagnóstico, seguimento e tratamento de todos os enfermos e infectados.

Bos resultados

A tuberculose é un problema de saúde pública, dado que se trata dunha enfermidade contaxiosa por vía aérea e un enfermo sen tratar implica risco de transmisión da tuberculose ao resto da comunidade. O desenvolvemento do programa galego permite realizar o diagnóstico o máis rápido posible e poñer a todos os enfermos baixo tratamento para reducir este risco. Ao mesmo tempo, establécese o estudo a todas as persoas que estiveron en contacto cun caso de tuberculose contaxiosa e ofrece tratamento a aqueles que están infectados, evitando que desenvolvan a enfermidade nun futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas

A vacina contra a tuberculose que se ensaia en Galicia recibe apoio financeiro para probarse en África

Un estudo avaliará a seguridade e a eficacia do tratamento, que ten potencial para xerar unha mellor resposta inmune que a terapia actual

O galego Alberto García-Basteiro recibe 2,5 millóns do prestixioso programa Starting Grant

O investigador do Hospital Clínic de Barcelona estudará o papel da tuberculose asintomática na transmisión da enfermidade

Alerta por 19 positivos por tuberculose en Ourense: estes son os seus síntomas

Un infectado contaxiou a case unha vintena de alumnos do IES Julio Prieto Nespereira que, de momento, non desenvolveron a enfermidade