A depresión multiplica por 6 as posibilidades de morrer de homes adultos

Un estudo realizado a nivel español sinala que, en xeral, os procesos de depresión incrementan nun 50% o risco de morte no conxunto da poboación

Diversos estudos internacionais xa teñen demostrado que padecer unha depresión está asociado con vivir menos anos, non só debido a causas específicas de morte como o suicidio, senón tamén a unha maior mortalidade xeral. Con todo, ningún traballo analizara este contexto mesmo na poboación adulta española.

Agora, un traballo liderado por José Luis Ayuso Mateos, da Universidade Autónoma de Madrid, en colaboración con outros expertos do Centro de Investigación en Saúde Mental (CIBERSAM), confirma estes resultados no noso país e ademais acha que o grupo máis vulnerable de mortalidade asociada á depresión son os homes adultos con idades comprendidas entre 18 e 64 anos.

Publicidade

“O estudo permitiunos calcular que as persoas que padecen depresión en España teñen un 50% máis de risco de morrer no seguintes seis anos”, aseguran os autores.

De que morremos? Así é o Atlas da mortalidade en Galicia

“Con todo, para o grupo de homes con idades entre os 18 e os 64 ese risco multiplicouse por seis. Este resultado é sorprendente xa que a depresión é un trastorno máis frecuente en mulleres e en persoas maiores”, engaden.

Publicidade

Segundo o traballo, publicado no Journal of Afective Disorders, os homes novos e adultos poderían ser os máis afectados en canto á mortalidade asociada á depresión. “As posibles razóns inclúen desde hábitos de vida menos saudables nos homes con depresión ou menos procura de axuda profesional”, afirman, aínda que sinalan que estas posibles explicacións deberán ser coidadosamente analizadas en futuros estudos.

O risco maior en homes podería asociarse coa menor procura de axuda profesional

Con todo, para os expertos este resultado chama a poñer máis esforzos na detección e abordaxe da depresión no noso país e particularmente no grupo de homes adultos e novos.

Para desenvolver o traballo, os investigadores analizaron unha mostraxe de máis de 4.500 persoas en España durante seis anos, e realizaron modelos de regresión para avaliar se a depresión de base podía asociarse á mortalidade por todas as causas na mostraxe global e, en particular, nos diferentes grupos de xénero e idade. Ao non afondar nas causas específicas da mortalidade, o estudo non pode concluír a que factor se debe este aumento dos falecementos.

Nas súas conclusións, o traballo insta a posteriores estudos a comprobar se este aumento da mortalidade en homes novos e de mediana idade ten que ver coa súa menor iniciativa para buscar axuda especializada.


ReferenciaThe relationship between all-cause mortality and depression in different gender and age groups of the Spanish population (Publicado en Journal of Affective Disorders).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De histeria a psicofármacos: un estudo galego revela os nesgos de xénero que persisten nas consultas médicas

Unha revisión bibliográfica liderada dende a UDC demostra que, ante os mesmos síntomas, elas tenden a ser máis cuestionadas e diagnosticadas sen probas complementarias

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

Galicia lidera a mortalidade por sarcoidose, unha rara enfermidade inflamatoria

Ourense e Lugo concentran o maior risco de falecemento por unha patoloxía que pode afectar a todos os órganos, especialmente pel e pulmóns

Ler é un pasatempo… ou moito máis?

A lectura destaca por activar procesos cognitivos específicos que, especialmente cando o cerebro se está desenvolvendo, poden marcar diferenzas importantes na idade adulta