Analizan o vínculo entre contaminantes químicos e posibles enfermidades durante o embarazo

Un estudo de científicos cataláns identifica 42 compostos químicos potencialmente nocivos, que poderían causar enfermidades ou cambios no metabolismo

Un traballo liderado por investigadores o Instituto de Diagnóstico Ambiental e Estudos da auga (IDAEA-CSIC) en colaboración co Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal), centro impulsado pola Fundación la Caixa, avaliou os contaminantes químicos acumulados no sangue e a placenta de mulleres embarazadas. O obxectivo do estudo é atopar a posible relación entre os contaminantes e o desenvolvemento de enfermidades en mulleres embarazadas. Un unha primeira proba plioto, o equipo de investigadores, que analizou mostras dun grupo de 19 mulleres de Barcelona entre setembro de 2019 e marzo de 2020, identificou 42 compostos químicos de orixe antropoxénico e potencialmente nocivos, aínda que nuns niveis que non supoñen risco para a saúde.

Entre os compostos achados hai pesticidas, repelentes de insectos, derivados de cosméticos e compostos industriais como retardantes de chama ou aditivos plásticos. “Aínda que non hai evidencia de que os niveis atopados supoñan un risco para a saúde humana, este estudo si debe crear unha maior conciencia sobre os compostos aos que estamos expostos no día a día e para os cales debemos reducir dita exposición”, declara o investigador do IDAEA-CSIC Pablo Gago Ferrero, autor principal do estudo. Isto é especialmente relevante no caso dos aditivos plásticos como os ftalatos, que foron relacionados con enfermidades endocrinas, polo que se deben monitorar máis en detalle.

Publicidade

Atopouse nicotina e compostos derivados dela no 60% das mulleres, a pesar de que as embarazadas non fumaban e tiñan hábitos de vida saudable

O estudo tamén identificou nicotina e compostos derivados dela no 60% das mulleres, a pesar de que as embarazadas non fumaban e tiñan hábitos de vida saudables, o que implica que existe unha exposición pasiva ao tabaco detectable. Outro dos compostos detectados na maioría das embarazadas é o benzododecinio, que se atopa nalgúns dos desinfectantes máis vendidos e que se utilizou amplamente durante a pandemia da Covid-19.

O traballo tamén trata de avaliar se a análise de contaminantes en augas residuais pode ofrecer unha boa aproximación sobre os niveis de contaminantes da poboación dunha determinada zona. Os resultados foron positivos. “Analizar con frecuencia os compostos que se acumulan na poboación é bastante complexo a nivel loxístico e pouco viable economicamente. Observamos que os lodos de depuradora son unha boa aproximación da exposición humana e, por tanto, esta metodoloxía podería aplicarse como un sistema de alerta temperá que puidese evitar ameazas químicas”, indica Gago Ferrero.

Publicidade

Esta investigación realizada xunto con ISGlobal, centro impulsado pola Fundación la Caixa, forma parte dun maior estudo que se realizará con 1.100 embarazadas da capital catalá e cuxo obxectivo será determinar a potencial relación causa-efecto entre a presenza destes contaminantes e o desenvolvemento de certas enfermidades ou cambios no metabolismo nas nais e na descendencia. O estudo, que está financiado pola Fundación “la Caixa” e o concello de Barcelona, ampliará o coñecemento dos contaminantes químicos aos que a poboación está exposta, mesmo antes de nacer, para alertar destes compostos e previr futuras enfermidades. “Isto permitiranos determinar que efectos poden ter para os neonatos a exposición a estes compostos químicos. Sabemos que os contaminantes están presentes en embarazadas, fáltanos pescudar cal é o seu impacto no desenvolvemento dos bebés para implementar medidas de prevención”, conclúe Gago Ferrero.


Referencia: The Potential of Sewage Sludge to Predict and Evaluate the Human Chemical Exposome (Publicado en Environmental Science & Technology Letters).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Das augas residuais ao combustible do futuro: así produce hidróxeno verde o novo sistema do CiQUS

O equipo de María Giménez-López emprega a urea como materia prima para impulsar unha nova estratexia máis sostible e eficiente

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé