Científicos españois identifican un novo biomarcador no tumor cerebral máis letal

Investigadores de Aragón lideraron un estudo sobre o glioblastoma con resultados que poderían controlar a reaparición da enfermidade

O grupo Oncoloxía Molecular do Instituto de Investigación Sanitaria Aragón (IIS Aragón) identificou a ABCC3 como un posible biomarcador do para o glioblastoma, o tumor cerebral máis letal.

O traballo, cuxos resultados foron publicados na evista Scientific Reports, levouse a cabo en colaboración con investigadores do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, a Vrije Universiteit Brussel (Bélxica) e da Universidade de Ljubljana (Eslovenia).

Publicidade

O grupo Oncoloxía Molecular, liderado polo investigador Alberto Jiménez Schuhmacher, desenvolveu nanoanticuerpos contra rexións específicas de ABCC3 que validaron en diferentes modelos experimentais in vivo e que poderían empregarse para o desenvolvemento diversas aplicacións biomédicas.

O big data está a revolucionar a investigación oncolóxica, xa que poder dispor de datos masivos de mostras de pacientes oncolóxicos permite identificar moitas alteracións que poderían ter utilidade médica”, explica Schuhmacher.

Publicidade

As limitacións da barreira hematoencefálica

No entanto, lamenta que os achados non supoñen un maior desenvolvemento dos tratamentos clínicos. “Isto débese, en parte, á falta de biomarcadores non invasivos e as limitacións que impón a barreira hematoencefálica, unha membrana que actúa como filtro moi selectivo no cerebro”, sinala.

Analizáronse centos de mostras de pacientes con glioblastoma para buscar os xenes que están “máis expresados, máis acesos”. De acordo con Schuhmacher, “estes xenes non se expresaban, estaban apagados en cerebros sans”.

“Estudamos se correlacionaban con supervivencia, resposta a tratamentos e capacidade de formar recidivas e seleccionamos ABCC3 como unha diana fronte á que desenvolver ferramentas biotecnolóxicas para o diagnóstico destes tumores”, apunta o investigador.

Imaxe de detalle do gioblastoma. / IIS Aragón

Unha vez identificado o biomarcador, os científicos do IIS Aragón estudaron as rexións da proteína ABCC3 máis importantes fronte ás que poderían desenvolver nanoanticuerpos, unhas proteínas especiais que se pegan de forma moi específica á diana fronte á que se deseñan.

Seleccionamos tres rexións e illamos nanoanticuerpos fronte a elas empregando unha colección que contén cen millóns deles“, sinala Eduardo Ruiz López, primeiro autor do traballo. “Caracterizamos e validamos diversos nanoanticuerpos fronte a ABCC3, primeiro en modelos celulares e, seguidamente, en diferentes modelos de experimentación”, engade.

O seguinte reto consistiu en analizar se estes nanoanticuerpos podían chegar a detectar tumores cerebrais en modelos de rato, xa que debían atravesar a barreira hematoencefálica. Trátase dunhas membranas que actúan como filtro selectivo no cerebro e protexen de moitos danos e axentes tóxicos, pero como contrapartida impiden que poidan chegar moitas moléculas ao cerebro.

“Vimos que estes nanoanticorpos detectan glioblastoma por igual en modelos que presentan distinto grao de ruptura da barreira hematoencefálica, o que suxire que poderían atravesala”, apunta Ruiz López.

Unha vez validados en modelos experimentais in vivo, estes nanoanticorpos poderían empregarse para o desenvolvemento diversas aplicacións biomédicas que van desde o diagnóstico por imaxe ao desenvolvemento de ferramentas de apoio na cirurxía ou o deseño de novos tratamentos. “Pero aínda queda moito camiño por percorrer, falamos de moitos anos”, recoñece Schuhmacher.


Referencia: Ruiz-López, E. et al., Nanobodies targeting ABCC3 for immunotargeted applications in glioblastoma. Scientific Reports (2022).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás