O CHUS, pioneiro no uso dun dispositivo de diagnóstico contra o Parkinson e o Alzheimer

O Laboratorio de Investigación en Neurociencias Clínicas (LINC) do IDIS de Santiago de Compostela participa nunha investigación europea contra o Alzheimer e o Parkinson. Teñen por obxectivo desenvolver un dispositivo clínico que axude ao diagnóstico precoz destas doenzas antes da aparición da sintomatoloxía clínica. O proxecto, denominado MADIA, está financiado polo programa H2020, e nel participan os galegos Francisco Campos, investigador do Sergas, José Castillo, director científico do IDIS, e José Rivas, físico do IDIS.

“Actualmente non existe ningún tratamento efectivo para ambas as enfermidades, posiblemente porque estes procesos diagnostícanse en etapas tardías e os fármacos dispoñibles son pouco eficaces. Por iso, o proxecto MADIA ten como obxectivo desenvolver un dispositivo de detección precoz, económico e rápido, que permita ao clínico realizar durante a consulta, unha medición inmediata de marcadores da enfermidade, facilitando o diagnóstico e adiantando o tratamento”, subliña Francisco Campos.

Publicidade

Madia busca adiantar o diagnóstico destas doenzas, que non teñen cura

Estes días, Santiago de Compostela acolle unha reunión de traballo con representantes de todos os grupos, procedentes de Italia, Reino Unido, Alemaña, República Checa e España. A iniciativa durará tres anos, ata 2019, e está dotada cun orzamento de 3,8 millóns de euros. O CHUS é o único centro español que forma parte de MADIA, e ademais, é o único centro clínico, xunto ao Policlinico Tor Vergata de Italia, que validarán o dispositivo nos seus doentes.

Este mecanismo aportará un diagnóstico versátil e barato, de uso clínico/ambulatorio, para análise de biomarcadores utilizados para estas dúas doenzas neurodexenerativas, ata o de agora incurables. Consiste nun sensor magnético capaz de detectar os biomarcadores en mostras de sangue e líquido cefaloraquídeo dos pacientes.

Publicidade

Os avances contra estas doenzas fanse imprescindibles debido ao seu importante impacto na sociedade europea, agravado debido ao envellecemento da poboación. O Alzheimer constitúe a primeira causa de demencia no adulto, e entre 2000 e 2013 as mortes por esta enfermidade aumentaron un 71%. Respecto ao Parkinson, en Galicia hai actualmente uns 7.000 pacientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo do IDIS identifica proteínas asociadas coa arritmia sostida máis frecuente na poboación

O traballo, dirixido por Sonia Eiras, recibe o premio á mellor comunicación oral do Congreso da Sociedade Española de Cardioloxía 2026

O ictus vai máis alá das portas do hospital

Actuar rapidamente salva vidas, pero tamén é importante acompañar as persoas afectadas moito despois da fase aguda. Por Francisco Campos

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Da diabetes a novos biomarcadores: así serán os temas do Congreso de Endocrinoloxía e Nutrición en Santiago

O IDIS participa cunha investigación sobre a obesidade e as súas complicacións metabólicas e unha análise comparativa do risco nutricional hospitalario, entre outras achegas