As altas por coronavirus duplícanse en 24 horas en Galicia

Un total de 47 persoas recibiron a alta hospitalaria desde o comezo da crise, mentres que se rexistraron 36 falecementos, 10 deles nos últimos dous días

Como todos os días desde o comezo da crise, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade difundiu os datos oficiais de persoas afectadas polo coronavirus en Galicia ás que se lle realizaron as probas para confirmar a presenza do SARS-CoV-2. Segundo estas cifras, son 1.832 casos confirmados ás 21 horas do día 25, dacordo aos protocolos marcados polo Ministerio de Sanidad, 234 máis que o día anterior (aínda que non se corresponden co total de novos positivos, senón dos afectados contabilizados en total). Así, unha das novidades nestas cifras é o notorio aumento do número de altas hospitalarias concedidas a pacientes de Covid-19, que pasaron de 25 a 47, o maior incremento desde o comezo da crise. 

Porén, as malas novas respecto da pandemia tamén se amosan co falecemento de catro persoas nas últimas horas, son catro homes. Un de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense; outro de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol. Despois dos seis falecementos notificados o mércores, son 10 as mortes de persoas con coronavirus nos últimos dous días.

Publicidade

Respecto ás áreas sanitarias, Vigo volve ser por segundo día a zona con máis casos contabilizados, con 462. No resto das áreas, hai 438 na Coruña-Cee, 128 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 231 na de Ourense-Verín-O Barco, 222 da de Pontevedra-O Salnés, 302 na de Santiago-Barbanza e 49 da de Ferrol. Vigo, con 66 novos casos, A Coruña, con 49, e Ourense, con 45, representan preto do 70% do aumento respecto ao martes.


Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI (4,69% do total). Ademais, outros, 499 están en unidades de hospitalización (26,06%), e 1.247 no domicilio (68,07%). O número de PCR realizadas é de 8.805.

Publicidade

(Preme sobre cada un dos concellos para ver máis detalles).

España

A situación en España, segundo os datos do Ministerio de Sanidad consolidados na noite do mércores, é esta (tendo en conta que nesta táboa, tamén en Galicia, se contabilizan os casos de coronavirus totais desde o comezo da pandemia, non só os activos, tal e como se detalla na imaxe).

España rexistra 655 mortos máis por coronavirus e supera os 4.000

Así está a situación en Portugal:

E aquí podes consultar nesta táboa (en inglés) desenvolvida pola plataforma de visualización de datos Datawrapper, a situación actual no mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur