Publicidade

Algo máis que dor de costas: 9.000 galegos padecen espondilite anquilosante

A Liga Reumatolóxica Galega (LRG), coa colaboración da compañía biofarmacéutica AbbVie, organiza unha sesión informativa o xoves 10 de decembro no Colexio Oficial de Médicos da Coruña (19:00 horas) na que reunirán a pacientes galegos de espondiloartritis (EA) e aos seus familiares, co fin de ofrecerlles ferramentas útiles para coñecer mellor a súa enfermidade. Segundo explicou Jesús Carlos Fernández López, reumatólogo do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) a EA “é unha enfermidade inflamatoria crónica e sistémica cuxa principal manifestación é a dor de costas e a sensación de rixidez. Pero se trata dunha patoloxía que vai moito máis alá da e que pode afectar negativamente en moitos aspectos cotiáns das persoas que a padecen”.

Evolucióh da espondiloartrite.
Evolución da espondiloartrite.

As espondiloartritis afectan a unha porcentaxe de poboación de entre o 0,3 e o 1,8 por cento, o que en Galicia suporía un total estimado de afectados duns 9.000. Na xornada, poñerase de manifesto a implicación xenética que pode ter esta enfermidade e polo tanto, a necesidade de que os familiares destes pacientes coñezan ben a patoloxía e o seu carácter hereditario.
Segundo o estudo FACES, unha investigación sobre a prevalencia das espondiloartritis realizado en España, os familiares de primeiro grao dun paciente con dor de costas inflamatorio crónico, teñen 50 veces máis probabilidades de padecela que unha persoa sen ese antecedente familiar.
Hai pacientes que teñen un antíxeno concreto, o HLA-B27, que se detecta mediante unha analítica de sangue e que é un sinal de poder desenvolver unha espondiloartritis. “Non se trata de alarmar a ninguén, os familiares de pacientes de EA non necesariamente teñen que desenvolver a doenza, pero é importante estar informados para acudir ao especialista ante calquera síntoma ou indicio”, sinala Fernández López. Para as persoas que teñan un familiar de primeiro grao que padeza algunha espondiloartritis e queiran aclarar calquera dúbida poden realizar o cuestionario que se ofrece na web www.miraporsuespalda.com e comprobar cal é o resultado.

A web Miraporsuespalda.com presenta un test para detectar espondiloartrite

A actividade física pode axudar considerablemente a mellorar a mobilidade do paciente, aínda que non son recomendables aqueles deportes de alta intensidade ou de impacto. As espondiloartritis son un grupo de enfermidades inflamatorias crónicas que afectan sobre todo á columna vertebral. A máis común ou coñecida é a EA, que adoita aparecer en persoas novas de entre 20 e 40 anos, aínda que raramente pode darse despois dos 45 e provoca unha dor na parte de baixa das costas. Ao ser unha enfermidade progresiva os seus síntomas aumentan conforme avanza a deterioración articular que esta patoloxía vai provocando. Por iso é polo que diagnóstico precoz e o tratamento temperán sexan fundamentais para deter a deterioración articular.
A Liga Reumatolóxica Galega é unha entidade sen ánimo de lucro formada desde 1996 por persoas con doenzas reumáticas, familiares e profesionais que traballan en Galicia, co obxectivo de ofrecer soporte e asesoramento a todas as persoas afectadas por estas patoloxías e á súa contorna familiar.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo estudo cuestiona o baño xudeu da Coruña: “Moi dubidoso, senón abertamente incorrecto”

Un traballo de José María Bello Diéguez cuestiona de forma crítica o proceso feito para afirmar que se trata dunha mikvé

Tradición, comparsas e disfraces: así celebraba Galicia o Entroido no século pasado

O arquivo fotográfico das institucións galegas permite unha volta ao pasado para desfrutar destes históricos festexos

Primavera anticipada? Galicia roldará esta semana os 20 graos en pleno febreiro

Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao litoral galego creando unha alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros de altura para este martes e mércores

A eclipse total que somerxerá a parte de Galicia na sombra nun minuto

O fenómeno astronómico terá lugar en 2026 e, a diferenza dos que sucederán en 2027 e 2028, será visible en todo o seu esplendor no norte