As Xornadas Neurolingüísticas da UVigo reflexionan sobre linguaxe e cerebro

A incorporación da perspectiva neurolóxica á investigación lingüística e a elaboración por parte de tres doutorandas da Universidade de Vigo de cadansúa tese en temas de neurolingüística e psicolingüística, levaron ao Grupo de investigación de lingua española e linguas signadas, Griles, e ao Máster interuniversitario de lingüística aplicada, Mila, a organizar por primeira vez as Xornadas neurolingüísticas. Divididas en dúas fases, as xornadas desenvolveranse primeiro do 16 ao 18 de decembro, cunha serie de relatorios, para continuar no mes de febreiro con varias conversas entre investigadores e investigadoras especialistas en xenética, bioloxía, psicoloxía, filosofía e lingüística. “A investigación actual en todas as ciencias pasa pola perspectiva neurolóxica e a lingüística non pode ser menos”, asegura Inmaculada Báez profesora do Departamento de Lingua Española e coordinadora de Griles, que incide ademais en que “a linguaxe non están na voz ou no oído senón no que chamamos cerebro”.
O interese de Griles pola neurolingüística non é, non obstante, novo e proba diso é a presenza na Universidade de Vigo, invitados polo Grupo de investigación de lingua española e linguas signadas, de lingüistas con traballos próximos á neurolingüística como Ronice Muller de Quadros, Benítez Burraco e Gallardo Pauls, entre outros. Desta volta, especial protagonismo terán nestas xornadas os investigadores do Instituto de Ciências da Saúde da Universidade Católica Portuguesa Ana Mineiro, lingüista, e Alexandre Castro Caldas, neurólogo, que serán os encargados de impartir os relatorios e o obradoiro que se desenvolverán a vindeira semana. “Ana Mineiro é a codirectora da tese de Eva Freijeiro sobre adquisición da lingua e a súa vez é discípula de Castro Caldas. Temos convenio co seu grupo de investigación e a súa universidade”, explica Inmaculada Báez.
Máis información no seguinte enlace:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10720&Itemid=2

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Onde nace a atención? A neurociencia ten a resposta

O cerebro organiza estímulos e dirixe o foco cara ao relevante mediante circuítos dopaminérxicos. Por Juan Pérez Fernández e Carmen Núñez González / UVigo

A USC e Cambridge descobren un mecanismo clave na neurodexeneración e na neuroreparación

O traballo publicado en 'Nature' suxire un cambio de paradigma na comprensión de enfermidades como a esclerose múltiple, o alzhéimer e o párkinson
00:06:10

Dopamina e lampreas: así descifra o CINBIO o sistema que inflúe nas nosas decisións e que nos fai sentir pracer

O grupo Neurocircuits investiga como o cerebro procesa datos novos e calcula o valor das nosas accións cun modelo animal de máis de 500 millóns de anos

Cando o sistema inmune ataca por erro o cerebro e sementa o caos na mente

As encefalites autoinmunes son un un grupo de patoloxías que cursan con inflamación cerebral