'Nature' destaca unha investigación galega e inglesa sobre xestión pesqueira

Unha nova publicación de investigadores ingleses e galegos pon de releve que a xestión dos recursos mariños na Unión Europea mellorou de forma substancial durante os últimos quince anos debido a que o exceso das cotas de pesca aprobadas pola Comisión Europea respecto ás recomendacións científicas formuladas polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) se reduciu do 33% en 2001 ao 7% en 2015.

Sebastián Villasante.
Sebastián Villasante.

O estudo (Carpenter et al., Marine Policy 64, 9–15; 2016), no que participa o profesor e investigador da USC Sebastian Villasante, demostra que este progreso repercutiu positivamente na crecente mellora da situación dos stocks comerciais. A investigación apunta tamén a necesidade dunha maior transparencia nas discusións anuais das cotas de pesca que habitualmente se realizan de forma secreta por parte do Consello Europeo en Bruxelas.
A prestixiosa revista Nature sinala este traballo como unha das noticias científicas máis relevantes da última semana.

Villasante presentou en abril en Bruxelas un estudo sobre os descartes na pesca artesanal

O investigador Villasante xa presentou en abril en Bruelas un informe que indica que a pesar de que os descartes na pesca tradicional son mínimos, existe escasa evidencia científica que xustifique a prohibición dos mesmos na pesca artesanal por parte da Comisión Europea. O citado estudo advirte asemade de que a efectividade deste tipo de medidas en pesqueiras industriais logo de décadas de relevar datos científicos biolóxicos e socioeconómicos aínda está por confirmarse.
O estudo ‘ Small-scale fischeries and the zero discard rate’, tamén conclúe que a prohibición de descartes na pesca artesanal é imposible de levar á práctica na medida en que o espazo a bordo das embarcacións xa se atopa optimizado, polo que modificar as características estruturais dos barcos afectaría á súa propia navegabilidade, aumentaría o peso das embarcacións e o tempo dedicado polos pescadores a bordo. Todos estes efectos suporían de xeito implícito un incremento das horas de traballo e, en consecuencia, un aumento dos custes laborais e tamén dos derivados do combustible.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

Tecnoloxía galega e vasca moderniza a pesca costeira do bonito

Un grupo da UVigo e do centro tecnolóxico Leartiker desenvolve solucións para reducir o esforzo dos pescadores e mellorar a eficiencia do proceso

Investigadoras galegas revelan que o 70% dos solos europeos están contaminados por pesticidas

O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos