Alerta por un gromo de tiña en salóns de peiteado de toda España

Un equipo de dermatólogos detecta un aumento de casos no coiro cabeludo de adolescentes que cortan o pelo con degradado ou rasurado

Os dermátologos alertan dun aumento dos casos de tiña en España, afectando principalmente ao coiro cabeludo da poboación masculina adolescente. Este repunte, causado polo fungo Trychophyton tonsurans, vense detectando dende 2021. Agora, un estudo da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía revela que o aumento dos contaxios se pode deber ao uso de máquinas eléctricas infectadas, así como a maior frecuencia coa que os adolescentes acoden aos salóns de peiteado para degradar e rasurar o pelo nas zonas occipitais e temporais, seguindo os estándares da moda internacional. Os resultados da investigación serán publicados na revista Actas Dermo-Sifiliográficas.

“As lesións apareceron predominantemente na caluga e a área temporal, que son as zonas onde se apura máis o rasurado ou degradado”, indica o dermatólogo Leonardo Bascón, autor principal do estudo e integrante do Servizo de Dermatoloxía do Hospital Xeral de Granollers. Segundo continúa explicando, as lesións poden ser en ocasións con escamado e, noutras, aparecer con inflamación —áreas avermelladas— ou incluso supuración.

Publicidade

Os síntomas

A tiña da cabeza ou tinea capitis é unha enfermidade altamente contaxiosa que afecta principalmente a nenos de 6 meses a 12 anos de idade, con lixeiro predominio nos varóns. Dependendo do modo de transmisión do fungo causante da doenza, poden producirse diferentes graos de inflamación. As manifestacións máis habituais adoitan consistir en proído e pel escamada na zona, con perda de pelo e, en ocasións, inflamación, supuración, dor e febre.

Un dos pacientes afectados pola tiña.

Para explicar este aumento de casos, os dermatólogos aluden á moda internacional que leva os adolescentes a acudir aos salóns de peiteado con frecuencia semanal. “É probable que o material de rasurado contaminado se estea compartindo entre os diferentes clientes dalgúns negocios que non estarían tendo en conta as normas de desinfección do material”, apunta Bascón. Polo tanto, o estudo —no que se analizaron 107 pacientes— identifica esta nova tendencia social como a causante do gromo de casos de tiña en adolescentes.

Publicidade

Segundo os autores, a identificación de pacientes afectados é fundamental para limitar o contaxio, que se produce por contacto coas esporas do fungo co coiro cabeludo e os folículos pilosos do paciente. “Despois dun correcto diagnóstico, existe un tratamento específico que permite a curación. Canto máis precoz sexa a detección da enfermidade, máis favorable e menores riscos de secuelas terá o paciente”, asegura o dermatólogo José Ignacio Galván, coautor do estudo. Ademais, os investigadores tamén piden que este gromo sexa tido en conta polor organismos competentes en Saúde Pública.

1 comentario

  1. Que aínda utilicedes a palabra gromo como equivalente ao “brote” castelán dá conta da calidade deste portal. En bo galego a palabra é “surto”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A pastilla dunha planta prehistórica que pode protexernos do sol

Un composto derivado dun fento de Centroamérica pode protexer contra a radiación solar en pacientes especialmente vulnerables

‘Skincare’, cuestión de saúde? : “Hai que diferenciar entre dermatoloxía e cosmética"

O experto Juan García Gavín apunta que aínda unha gran parte da poboación cre que o coidado da pel provén do mero interés estético

Sofía Mercedes Haselgruber, a gamer que triunfou no MIR

A futura médica está aproveitando a visibilidade para reducir os estigmas sobre os videoxogos e concienciar sobre as problemáticas do sistema de elección

Cando debemos preocuparnos pola aparición de lunares?

Os lunares son lesións cutáneas benignas presentes na pel de moita xente; pero cómpre coidar a exposición ao sol para evitar a aparición de melanomas