A pandemia da Covid-19 achégase aos 10 millóns de casos e 500.000 mortes

Varios países de Latinoamérica, Oriente Medio e Asia rexistran os maiores incrementos de infeccións nos últimos días

A evolución dos novos casos de Covid-19 arredor do planeta nos últimos días amosa sinais preocupantes. Despois de que a pandemia golpease con virulencia Europa e os Estados Unidos, as rexións de Latinoamérica, Oriente Medio ou Asia están experimentando un rápido crecemento de infeccións que as converten en nos principais focos de transmisión. “Esperamos que se alcancen os 10 millóns de casos totais na vindeira semana”, declarou este mércores o director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom.

“No primeiro mes do brote, reportáronse menos de 10.000 casos á OMS, e no último mes confirmáronse case catro millóns de casos”, expuxo a entidade nun comunicado. Países como Brasil (con case 40.000 positivos confirmados nun só día), India (case 16.000), México, Chile, Perú, Colombia, Pakistán, Arabia Saudí ou Bangladesh rexistran na actualidade múltiples brotes de transmisión comunitaria. Ata o momento, o continente africano mantense con taxas baixas de infección, agás Suráfrica, cun importante número de novos casos nos últimos días.

Publicidade

O crecemento que experimenta a pandemia en países con sistemas sanitarios máis febles está preocupando a OMS, que insistiu na súa mensaxe na “responsabilidade urxente de facer todo o que poidamos coas ferramentas que temos agora para suprimir a transmisión e salvar vidas“. Neste sentido, expuxo a necesidade de proporcionar osíxeno suplementario ás persoas con infeccións respiratorias severas ás persoas que o precisen.

“A OMS estima que coa taxa actual de arredor dun millón de casos novos por semana, o mundo precisa uns 620.000 metros cúbicos de osíxeno ao día, uns 88.000 cilindros grandes”, expón o comunicado. Neste sentido, advirten que “moitos países están experimentando dificultades para obter concentradores de osíxeno”, xa que “o 80% do mercado é propiedade dunhas poucas empresas, e a demanda actualmente supera a oferta”. Ante isto, a organización, da man da ONU, está a negociara compra de miles de concentradores que se enviarán a 120 países as vindeiras semanas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Exposicións, observación en grupo e concertos: a guía definitiva das actividades para a xornada da eclipse

Os territorios galegos da franxa de totalidade ofrecen un repertorio de opcións divulgativas enfocadas a mellorar a experiencia do evento astronómico

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela