A Coruña, nun estudo pioneiro sobre a presenza de contaminantes en adolescentes

Por diversos motivos, substancias como os bisfenoles, os retardantes de chama, os ftalatos ou o mercurio son unha preocupacións para os científicos, debido aos seus efectos nocivos para a saúde, polo que o seu uso xa se restrinxiu nalgúns ámbitos. O Instituto de Salud Carlos III de Madrid, a través do Centro Nacional de Sanidad Ambiental (CNSA), acaba de poñer en marcha un estudo pioneiro de biomonitorización humana en adolescentes (BEA), no que participará a cidade da Coruña.

A cidade herculina será unha das 10 cidades seleccionadas para participar no proxecto, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama). No caso coruñés, a análise levarase a cabo no IES Salvador de Madariaga. Alí, mozos e mozas de 3º e 4º da ESO serán monitorizados, coa correspondente autorización paterna, para coñecer os seus niveles destas substancias químicas, presentes nalgúns produtos de consumo.

Publicidade

Participarán alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Salvador de Madariaga

Na selección destas zonas priorizáronse os lugares nos que hai pouca información previa sobre este tipo de exposición. En toda España participarán un total de 500 voluntarios adolescentes de ambos sexos, residentes en 10 cidades.

O estudo está coordinado pola área de Toxicoloxía Ambiental do CNSA e foi deseñado coa colaboración do Centro Nacional de Epidemioloxía. É un traballo de gran interese comunitario, xa que os estudos referentes a estas substancias na poboación adolescente son escasos. Os promotores da investigación subliñan que os resultados aportarán novos e interesantes datos sobre os efectos da contaminación por estes compostos.

Publicidade

Subliñan que é “habitual” atopar niveis destas substancias nos individuos analizados, polo que o obxectivo é “vixiar que permanezan dentro de niveis aceptables que non representen risco”. Os datos obtidos servirán para poñer en marcha medidas que contribúan a xestionar este risco de xeito máis eficaz. Agárdase que os resultados finais estarán dispoñibles en 2019.

Que é a biomonitorización?

É a estimación da exposición a substancias químicas presentes no medio ambiente a través de análises de sangue, ouriños ou cabelo. Así é posible coñecer a cantidade de substancias químicas, naturais ou artificiais, ás que diariamente estamos expostos, e que son absorbidas polo organismo.

Así é posible establecer asociacións entre estas doses e os posibles efectos sobre a saúde humana. Amais, a biomonitorización constitúe unha ferramenta moi útil para coñecer a eficacia das políticas medioambientais que se adoptan.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense