Messier 5 dende o Hubble

Créditos da imaxe HST, ESA, NASA
Créditos da imaxe HST, ESA, NASA

Explicación: “Fermosa nebulosa descuberta entre a Balanza [Libra] e a Cobra [Serpens]…” comeza a descrición da quinta entrada do famoso catálogo de nebulosas e cúmulos do século XVIII, do astrónomo Charles Messier. Aínda que se lle apareceu a Messier borrosa e redonda e sen estrelas, sábese agora que Messier 5 (M5) é un cúmulo globular de estrelas, 100 000 estrelas ou máis, ligadas pola gravidade e amoreadas nunha rexión duns 165 anos luz de diámetro. Atópase a uns 25 000 anos luz de distancia. Os cúmulos globulares, vagando polo halo da nosa galaxia, son membros anciáns da Vía Láctea. M5 é un dos globulares máis vellos; estímase que as súas estrelas teñen case uns 13 mil millóns de anos. O fermoso cúmulo estelar é un obxectivo popular para os telescopios terrestres. Como é natural o Telescopio Espacial Hubble, instalado na órbita baixa da Terra o 25 de abril de 1990, tamén captou a súa propia imaxe espectacular en primeiro plano que abarca uns 20 anos luz preto da rexión central de M5. Incluso máis preto do seu núcleo denso á esquerda, as vellas estrelas xigantes vermellas e azuis do cúmulo e as rexuvenecidas rezagadas azuissobresaen en cores amarela e azul nesta definida imaxe a toda cor.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman