Vándalos destrozan os petróglifos de Campo Lameiro

O Concello denuncia que os gravados milenarios, que están declarados Ben de Interese Cultural, foron remarcados con pedras nunha acción brutal

Un grave atentado contra un Ben de Interese Cultural que ten máis de cinco mil anos. Vándalos destrozaron dous petróglifos na estación rupestre da Laxe da Rotea de Mendo, en Campo Lameiro, cuxo concello denunciou os feitos ante Patrimonio e da Garda Civil. A acción vandálica de descoñecidos consistiuu en raiar cunha pedra parte destas emblemáticas representacións arqueolóxicas.

O alcalde, Carlos Costa, trasladouse ata o lugar de Lameiro, na parroquia de San Miguel de Campo para coñecer de primeira man o alcance dos danos e solicitar a presenza da Garda Civil. Os petróglifos apareceron riscados e remarcados por unhas pedras de xeito abrasivo e con graves danos para estas representacións emblemáticas da arte rupestre en Campo Lameiro o que provocou a indignación do propio alcalde e dos veciños e veciñas que tiveron coñecemento destes feitos.

Publicidade

Outro dos petróglifos da Laxe da Rotea de Mendo, destrozado ao ser riscado cunha pedra. Foto: Concello de Campolameiro.

Esta estación rupestre, ao igual que outras tres máis (Chan da Lagoa, Campo de Matabois e Pedra da Serpe), foron obxecto dunha intervención de conservación e posta en valor por parte do concello grazas a unha subvención de preto de 4.000 euros da Deputación e outros 21.000 da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Estes actos vandálicos chegan precisamente despois de facer estes traballos de conservación.

O alcalde solicitou a colaboración cidadá para localizar aos autores deste acto vandálico e agarda que “en breve os responsables sexan postos a disposición das autoridades para que sexan sancionados convenientemente”.

Publicidade

Os petróglifos de Campo Lameiro son coñecidos mundialmente. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona arredor do ano 3200 a.C., como manifestacións artísticas que foron gravadas durante a Idade de Bronce e a Idade do Ferro.

1 comentario

  1. Fai uns anos abraiounos ver coma os talibans esnaquizaban Palmira. Cada día acontece esa mesma barbaridade co noso patrimonio. E tanto alí coma aquí, semella que a ninguén lle importa. sic!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das mallas nas viñas á vixilancia nas cidades: novas estratexias para loitar contra a velutina dende Galicia

Unha tese da UDC constata que a xestión da avespa asiática require dun cambio de enfoque porque a súa erradicación xa non é unha alternativa realista

Da robotización á análise de datos: novas tecnoloxías para unha reciclaxe máis eficiente

Un proxecto europeo no que participa o CITIC desenvolve solucións para optimizar os procesos de selección e recuperación de materiais

O quecemento do mar favorece o establecemento do peixe sapo lusitano nas rías galegas

A especie, propia de augas máis cálidas, detectouse por primeira vez en Vigo en 2018 e estendeu a súa distribución cara ao norte, con rexistros recentes en Ferrol

Case 900 mapas sobre a diversidade do galego: este é o atlas dixital que nace de medio século de investigación

O Instituto da Lingua Galega presenta unha ferramenta interactiva que recolle as variacións dialectais en varios territorios galegofalantes