Foi o sexo con humanos a causa da extinción dos neandertais?

Un novo estudo apoia a hipótese de que a mestizaxe dos nosos antepasados puido ser a causa da súa desaparición

Cranio de neandertal (esquerda) e cranio de 'Homo sapiens' (dereita). Crédito: Museo de Historia Natural
Cranio de neandertal (esquerda) e cranio de 'Homo sapiens' (dereita). Crédito: Museo de Historia Natural

Investigadores do Museo de Historia Natural de Londres afondan nun novo artigo na idea de que que o Homo sapiens podería ser responsable da extinción dos neandertais non pola violencia, senón polo sexo.

O traballo, publicado na revista PalaeoAnthropology, expón a posibilidade de que a mestizaxe cos nosos antepasados podería reducir o número de neandertais que se reproducían entre si, o que provocaría a súa eventual extinción.

Aínda que ata a data só se secuenciaron 32 xenomas de neandertais, polo que é posible que a ausencia de ADN de Homo sapiens no seu xenoma sexa en realidade unha peculiaridade da mostraxe, os autores esperan que os avances na tecnoloxía de secuenciación do ADN poidan resolver esta hipótese ao dispoñer de máis xenomas.

A mestizaxe cos nosos antepasados puido reducir o número de neandertais que se reproducían entre si

Chris Stringer, xefe de investigación de evolución humana no museo británico, é o autor do novo artigo xunto co seu colega Lucile Crété.

Stringer sinala que “o noso coñecemento da interacción entre Homo sapiens e neandertais fíxose máis complexo nos últimos anos. Con todo, aínda é raro ver unha discusión científica sobre como ocorreu realmente a mestizaxe entre os grupos“, subliña.

“A nosa formulación é que unha absorción continua de individuos neandertais en grupos de Homo sapiens podería ser un dos factores que conduciron á a súa desaparición”, sinala Stringer.

A hipótese dos investigadores baséase principalmente no feito de que, aínda que o 2% do xenoma humano procede dos neandertais, non hai probas de que os humanos influísen no acervo xenético neandertal.

Os investigadores destacan que “se os neandertales fértiles eran absorbidos regularmente polos grupos de Homo sapiens, tamén eran eliminados das reservas xenéticas dos neandertais, e unha fuga tan constante de individuos novos non é algo que puidese manterse durante moito tempo en pequenos grupos de cazadores-recolectores”.

O debate continúa aberto

“Non sabemos se o aparente fluxo xenético unidireccional se debe a que simplemente non ocorría, a que a reprodución tiña lugar pero non tiña éxito, ou a que os xenomas neandertais que temos non son representativos”, sinala Stringer, xa que, lembra, só se secuenciarion completamente 32 xenomas neandertais.

“A medida que se secuencien máis, deberiamos ser capaces de ver se algún ADN nuclear do Homo sapiens pasou aos neandertais e demostrar se esta idea é correcta ou non”, sinalan os autores.

No futuro, a investigación tamén podería analizar cuestións similares relacionadas con outra especie de homínidos coñecida como os denisovanos, o que nos daría unha idea máis clara de como interactuaba a nosa especie cos seus parentes máis próximos, conclúen os autores.


Referencia: Mapping Interactions of H. neanderthalensis and Homo sapiens from the Fossil and Genetic Records (Publicado en PalaeoAnthropology)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.