Xoves 23 Maio 2024

Revelan a importancia de Galicia no comercio do Imperio Romano

Os portos galegos foron claves no comercio do antigo Imperio Romano. A axuda de matemáticos, informáticos e físicos permitiu aos historiadores reconstruír as rutas comerciais da Roma imperial, nunha investigación que encabezou a Universidade de Barcelona.

O traballo agora presentado levouse a cabo no marco do proxecto europeo que lidera o catedrático da UB José Remesal. Un proxecto que permitiu constatar que o comercio a escala continental, entre as diferentes provincias romanas, tiña “fluxos importantes” e que “o Atlántico era a ruta principal para transportar aceite, as conservas de peixe e o viño producidos na península Ibérica (provincias Bética e Tarraconense) ata o norte de Europa.

Publicidade

Esta proposta de Remesal, publicada na revista Journal of Archaeological Science, contraponse ás teorías que ata agora priorizaban a importancia do val do Ródano como vía comercial. Remesal explicou que “a viaxe polo Ródano tardaba uns 200 días en chegar a Germania, mentres que a vía atlántica desde a Bética ata a desembocadura do Rin tardaba uns 22 días, e logo tardaban outros 22 días en transporte fluvial ata Maguncia“.

Mapa coas rutas comerciais romanas incluido na investigación.
Mapa coas rutas comerciais romanas incluido na investigación.

Segundo o arqueólogo, “a vía marítima ata a boca do Rin permitía máis viaxes ao ser máis rápida que a do Ródano, que necesitaba dun cambio constante de barcos, máis pequenos ao chegar ao Mosela e que necesitaba ademais dun tramo de transporte terrestre”.

A esta conclusión chegouse tras analizar os selos das ánforas: “Hai similitudes nas marcas entre as provincias do val do Rin ( Recia, Germania Superior e Germania Inferior) coas zonas de Britania e Bélxica, e en cambio non existe esa similitude coas provincias da Galia”.

O transporte atlántico tería lugar entre abril e principios de novembro cando se producían as condicións climatolóxicas de “mare apertum“, axudado desde terra por un sistema de faros como o da Coruña, que “non era un faro para os pescadores da zona” e que concluiría na insua dos Batavos na que “se sabe que había un peirao e unha canle, había soldados romanos e tamén comerciantes, e que hoxe permanece baixo terra nalgún lugar de Holanda”.

A investigación agora publicada analizan unha inmensa base de datos de epigrafía anfórica con métodos propios da física e da informática para contrastar as diferentes teorías sobre o comercio na antigüidade. Estas análises estatísticas han constatada que “as provincias próximas xeograficamente teñen coincidencias como ánforas cos mesmos selos de procedencia, seguramente por que compartían as mesmas redes comerciais”. Igualmente, obsérvase que as provincias con importantes destacamentos militares tamén presentan similitudes entre elas, o que indica que “unidades do exército separadas por miles de quilómetros abastecíanse co mesmo sistema de provedores”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día da Ciencia na Rúa cunha xornada de portas abertas

O Parque de Santa Margarida será o epicentro das actividades nas que participarán un milleiro de estudantes e profesores de 54 centros educativos

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

O museo coruñés remodela no seu 25 aniversario a área de curación dos animais mariños

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña