Martes 3 Decembro 2024

O botafumeiro, un márketing colosal do Medievo

Na historia hai falsedades ou medias verdades que, de tanto repetilas, superan o clixé de lenda e transitan até a certeza no imaxinario colectivo aínda non se axusten a verdade científica. A data de orixe do botafumeiro da catedral de Santiago, por exemplo, ou a súa funcionalidade, son dous exemplos. Nin data do século IX nin é un xigantesco ambientador para espantar o fedor de homes e gando acubillados baixo a bóveda de pedra logo de meses de camiñata.
Calquera visitante da catedral, e mesmo así o explican os guías, coida que a finalidade do botafumeiro era disimular co cheiro do incienso a peste dos pelegríns nos séculos nos que o xabón era unha quimera e a hixiene persoal, un vicio da realeza.
Mais non é certo. A súa orixe cronolóxica concentrase, moi probablemente, entre os anos 1422-1423, coincidindo co primeiro Ano Santo documentado no século XV e baixo o episcopado de Lope de Mendoza, un prelado de orixe andaluz empeñado en facer de Santiago a Roma galega. O botafumeiro formaba parte do ritual da liturxia eclesiástica, aínda que tamén servise para espantar o cheirume e darlle un respiro os narices. Foi concebido como un elemento colosal de marketing grandioso para o turismo peregrino da época, un delirio de grandeza medieval co que Lope de Mendoza, mecenas de gusto refinado,  quería imitar o desexo de grandiosidade que foi o xérmolo da construcción da catedral de Sevilla.
Se entón, o seu cabildo proclamou “Hagamos unha Iglesia tan grande, que los que la vieren acabada nos tengan por locos”, a filosofía coa que se concebiu o botafumeiro era a  de: “Fagamos un incensario tan grande que nos teñan por tolos”. Así o expón logo de anos de investigación, Julio Vázquez, o profesor da Historia da Arte da Universidade de Santiago (USC), aínda sorprendido polos mitos que se perpetúan aínda que a ciencia apunta outros orixes e camiños.

A filosofía do incensario foi: “Fagamos un tan grande que nos teñan por tolos”

Moito se ten indagado sobre a data da orixe do botafumeiro nos últimos 160 anos, explica o profesor no artigo Un delirio de grandeza na Compostela medieval. Conta que parte da confusión provén dos artigos do xornalista compostelán do século XIX Antonio Neira de Mosquera (Santiago, 1818-1853) que se erixou no ‘peculiar’ cronista e pseudohistoriador da cidade cunha serie de relatos costumbristas, compilados en Monografías de Santiago (1850), nos que misturaba datos con lendas e a súa imaxinación, relata o profesor Vázquez. Os textos de Neira daban pé “a un extraño cóctel” de ideas e datos que presentaba por escrito con apariencia de rigor.

botafumeiro 3
O botafumeiro e a procesión na catedral de Santiago de Compostela. Gravado sobre debuxo de Antonio Caula y Cornejo. 1897

Neira de Mosquera foi dos primeiros en apuntar o século IX como o albor do botafumeiro.  Foi una tese pronto desbotada pola mais extendida (e respetada) de López Ferreiro, que se mergullou nos documentos históricos da catedral para situalo no século XIV, baixo o episcopado de Berenguel de Landoira. En troques, e logo de facer unha “relectura das citas documentais do botafumeiro”, Julio Vázquez planteou unha nova adscripción cronolóxica, algo posterior, que o coloca “quizáis entre os anos 1422 e 23” e que xorde a iniaciativa do círculo do arcebispo.
O profesor compostelán chama a atención sobre outra cuestión que é o tempo que discorre entre a súa concepción e a súa posta en marcha porque “foi un sistema complexo que no n tiña precedentes e que non atopou resposta teórica até o século XIX”. Explica, por exemplo, como Diego de Guzmán, o enviado do rei Felipe III no outono de 1610 para  facer o Camiño a modo de blogueiro medieval, conta no seu diario como era o extraño ritual no que o botafumeiro tropezaba unha e outra vez coa bóveda de pedra, a 22 metros sobre o chán, soltando nas subidas e baixadas anacos e brasas do carbón en chamas.

Publicidade

Nas visitas á catedral séguese contando que a finalidade era disimular a peste dos peregrinos

Por una cita, sábese con certeza que o botafumeiro xa existía en 1426 a partires do inventario e reconto dos tesouros da catedral que fai, o 4 de xullo, Juan Fernández de Canas -cita Vázquez- tras falecer o tesoreiro anteiror, Afonso Martís.
No 1852, Neira de Moquera, que se facía eco da tradición compostelá, escribiu que o botafumeiro xurdir para “para purificar o ambiente da catedral, corrompido polas veladas dos romeiros”. Deu pé a pensar que o incensario era un xigantesco ambientador catedralicio maila que a súa función era puramente litúrxica, insiste Vázquez, da USC.
O botafumeiro actual pesa 53 kilos, fíxose en 1851 e ascende 21 metros para trazar un arco de 65 metros no se balanceo con velocidades que acadan os 70 quilómetros por hora. En só 80 segundos chega ao grado máximo de amplitude. “Unha máquina perfecta que segue a suscitar a admiración do home moderno como o facía co home medieval”, retama o investigador.

A torre ‘Berenguela’ que non é

As investigacións de Vázquez aínda nos deixan outro mito desmitificado. A Torre do Reloxo, no ángulo sudeste da catedral, na esquina entre as prazas da Quintana e Praterías, ou mais popularmente a ‘Berenguela’ , tense por una construcción que se atribue a Rodrigo de Padrón e concluida por Berenguel de Landoira, a primeiros do século XIV. Non foi tal, di Vázquez, que sitúa a súa construcción, fundamentalmente, entre 1484 e 1494, como sólido estribo da catedral  para acoller as campás doadas polo rei Luis XI en 1483, polo que tamén se deu en chamar a torre do Rei de Francia, pola especial devoción do monarca galo por Compostela.

Publicidade

A Berenguela estaría situada na outra banda da praza do Obradoiro

“Tradicionalmente aceptouse como unha torre medieval iniciada por Padrón en rematada polo seu sucesor (Landoira), pero coido que non foi unha torre militar nin defensiva nin tivo relación algunha con Berenguel posto que nin son do mesmo século”, expón este investigador, que cita profusamente a bibliografía para probar a sua tese, que non foi rebatida, apunta.
O profesor compostelán sitúa a “verdadeira Berenguela” como unha torre forte que o arcebispo que lle deu nome ordeou levantar a fronte do pazo arcebispal, fronte a fachada occidental da catedral para a defensa do seu palacio e da igreza e que tamén fose “de gran beleza e adecuada para vivir en ela”. A torre Berenguela primixena, segundo estas investigacións, estaría no actual concello de Santiago e non no actual emprazamento, a do reloxo, como é coñecida por todos. Serviulles de casa os bispos ata que rematou por usarse como cárcere, cunha gran catapulta de pedras no alto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados catro corpos na foxa de San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño

O grupo da USC que lidera a escavación baralla a hipótese de que sexan cinco moañeses desaparecidos en 1936

Recuperados catro textos xacobeos inéditos anteriores ao ‘Códice Calixtino’

Joel Varela, profesor de filoloxía na USC, elabora unha monografía que incorpora novas versións do relato da translación, clave para a historia das peregrinacións a Compostela

Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz, Premios Nacionais de Investigación

O galardón máis importante de España no ámbito da investigación premia ás científicas da UDC, CITIC e CiQUS

Quen era Teodomiro? O ADN identifica os restos do fundador do Camiño de Santiago

Un estudo internacional liderado polo galego Patxi Pérez-Ramallo confirma que a tumba da catedral pertence ao bispo de Iria Flavia